Skip to Content

E. Primaria

ANIVERSARIO DE ABRIL 1º A

Álbum: Educación Primaria 2022-2023 -> ANIVERSARIO DE ABRIL

PARABÉNS PARA VÓS : ANGHELY, DANIEL  E ALEJANDRO MAQUERA!!!

 

ITINERARIO: O MOZO PICASSO

Álbum: Educación Primaria 2022-2023 -> O mozo Picasso

Hoxe as nenas e nenos de 3º fixemos o itinerariro: Picasso mozo: Da casa á escola.

Visitamos a casa onde viviu Pablo Picasso coa súa familia cando era pequeno. Alí vimos moitos dos debuxos que pintou nuns cadernos e algúns cadros.

Despois estivemos vendo a escultura da pomba da paz que hai na Praza de Pontevedra e intentamos debuxala sen levantar o lapis pero... é moi difícil!

Por último, estivemos no instituto Eusebio da Garda, que é onde daba clase o seu pai e onde el estudou nos anos que estivo na nosa cidade. É impresionante!!

 

 

5º EP RECOLLE AS VERDURAS DA HORTA DO RAQUEL

Álbum: CURSO 2022-2023 -> RECOLLENDO A PRIMEIROS DE MAIO 5ºEP

Desta vez tocoulle ao alumnado de 5º de EP recoller as verduras do noso horto. Agardamos que as leitugas, porros, limóns, kale, pirixel, acelgas foran disfrutados nas mesas dos fogares dos afortunados no sorteo. A próxima colleita será para os compañeiros e compañeiras que non lles tocou desta vez. 

Bo proveito!!

IMOS AO MERCADO!

Álbum: Educación Primaria 2022-2023 -> Mercado das Conchiñas

AS NENAS E NENOS DE 2º VISITAMOS O MERCADO DAS CONCHIÑAS

O mércores o alumnado de 2º fomos ao mercado das Conchiñas. Visitamos os distintos postos onde venden o peixe, a froita a carne...

Tivemos moita sorte porque nos explicaron un montón de cousas sobre os produtos que alí se venden. Aprendimos a diferenciar os distintos peixes, coñecemos un montón de froitas e verduras e vimos de onde saen as distintas pezas de carne que comemos.

 

Foi unha saida moi interesante!

Distribuir contido


by Dr. Radut