Skip to Content

Nova mostra de solidariedade

Unha vez máis a comunidade educativa do Ceip Rosalía de Castro está a mostrar a súa solidariedade.

Se hai un par de anos as ventas dos DVDs de Nadal para recaudar fondos para Haití superaron todas as previsións esta vez a recollida de tapóns para axudar a Aitana non está a ser menos.

En tan só unha semana son milleiros os tapóns que xa temos nos colectores habilitados para tal efecto. Confiamos en que este ritmo non baixe para que a nosa aportación sexa o maior posible.

Moitas grazas unha vez máis, temos motivos para estar orgullosos.



page | by Dr. Radut