Skip to Content

SIMULACRO

O vindeiro día 25 de febreiro farase un simulacro de incendio no colexio.

Semana do meco

 

Na semana do entroido, levarase a cabo un ano máis a actividade do meco. Así estas son as ordes que temos que seguir:

LUNS: Para mostrar o que non ves trae algo do revés.

MARTES: Se queres parecer un marqués, pon adornos nos pés.

MÉRCORES: Pinzas na roupa, como ves algo sinxelo, como colgante, na roupa ou no pelo.

XOVES: Sexas feble ou sexas forte, vestirás algo de deporte.

VENRES: Hoxe será un día divertido, como ti queiras virás vestido (disfraz libre).

Esta actividade é voluntaria, pero agardamos unha boa colaboración para que o resultado sexa o máis vistoso e divertido posible.

 

 

Obras patio Rosalía

Estimadas familias:

 
Queremos informarvos que se retomaron as obras de acondicionamento da fachada do centro, e polo tanto a entrada e saída do alumnado de E.Infantil sufrirá uns cambios mentres non se rematen as mesmas. No primeiro tramo, que xa se comezou hoxe, os nenos e nenas estarán e sairán polas portas das súas aulas, así que pedimos que os días de choiva axustedes no posible a chegada ao colexio ás 9:00. Unha vez finalizado este tramo e durante o tempo que lles leve acondicionar a fachada que dá ao parque infantil, a entrada e saída efectuarase pola porta do patio de Rosalía (por onde entran agora nos días de choiva). 
 
Recibe un cordial saúdo.
O equipo directivo

Vídeos festival de nadal 2015

Xa se poden ver os vídeos da actuación do festival de Nadal 2015. Os vídeos atópanse no apartado Actividades- complementarias-Festival nadal 2015. A calidade da imaxe e do son non son moi boas. Perdoade as molestias.

Actuacións nadal

E.I.  "LA ORQUESTA ORIGINAL"

 

1º A E 1º B " A CEBRA CAMILA"

 2ºA E 2ºB "NADAL ANIMAL"

3ºA E 3ºB “Marcha Radetzky”

4ºA E 4ºB  “O meu burriño”

5ºA E 5ºB  “Douce nuit”

“Gatatumba” – 5ºA e 5ºB, 1ºA e 1ºB

6ºA e 6ºB "Rondo rítmico"

 

 

ACTUACIÓN PROFES

 

 

 

Avaliacións

Estimadas familias:

Con motivo das reunións de avaliación, comunicámosvos que mañá, martes 15 de decembro, non haberá titorias.

 

FINALIZACION OBRAS

Queremos informarvos que rematadas as obras de acondicionamento da fachada do centro e das vivendas que dan ao patio de Conchases, onte quitáronse as valas dos dous patios, polo que hoxe os rapaces de 3º,4º,5º e 6º puideron utilizar de novo o seu espazo habitual  de recreo .

A partir de agora tamén se retomará a normalidade á hora das entradas e saídas pois xa se pode acceder dun patio ao outro.

OPERACIÓN QUILO

A Asociación Banco de Alimentos Rías Baixas ,  pide a nosa colaboración na operación kilo, como xa fixeramos en cursos pasados. Podedes doar calquera tipo de alimento non perecedoiro .O fin da recollida será o luns 14 de decembro. Grazas anticipadas pola vosa colaboración.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut