Iniciar sesión
SECRETARÍA
Proxecto Ríos
Día do Medio Ambiente 2024
admin — Xov, 23/05/2024 - 17:06
O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, aproveitando que queda pouco para celebrar o día do Medio Ambiente, fomos a Santiago a ver o nacemento do río Sar e tamén visitamos o Museo de Historia Natural.
Proxecto Ríos - Augas de Galicia
admin — Xov, 23/05/2024 - 16:27
O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria aprendemos moito grazas a unha científica de Augas de Galicia. Valoramos o uso da auga nas nosas vidas, coñecemos o importante que é respectar os cauces dos ríos e o útiles que son as areas, pedras,... no seu leito, causas e consecuencias de inundacións,...
Un ano máis, as alumnas e alumnos da Pementeira (5º de infantil) participamos no Proxecto Ríos, un programa de educación e voluntariado ambiental que pretende involucrar á cidadanía na conservación dos ecosistemas fluviais. O obxectivo fundamental e que os nenos e nenas comprendan a importancia dos ecosistemas fluviais e vaian interiorizando accións encamiñadas a coñecer, respectar, coidar e manter os nosos ríos con boa saúde.
Nós, alumnas/os e profe da Pementeira, estivemos aprendendo moitas cousas sobre os ríos e reflexionamos sobre a súa importancia. Despois, entre todos, elaboramos un vídeo que resume esas aprendizaxes e que nos permite compartilas coas familias. Traballamos moito vocabulario, contidos relacionados co coñemento da contorna, pero tamén melloramos a expresión oral, fomentamos o traballo en equipo, a responsabilidade, a paciencia, a confianza nun mesmo, o afán de superación e moitas cousas máis. E tamén coloreamos con acuarelas unha paisaxe fluvial.
Para finalizar, disfrutamos pintando con acuarela unha paisaxe fluvial, unindo así a expresión verbal e non verbal, deixando fluír emocións a través das cores e fomentando a vivenciación de experiencias e a interiorización de actividades artísticas como un modo xenuino de comunicación humana.
Todo isto tamén o podedes ver no blog da Pementeira.
Proxecto Ríos
admin — Ven, 22/03/2024 - 18:22
O alumnado de 1º de Educación Primaria fixo unha camiñata para rematar o 2º trimestre polo paseo das Torres Vikingas, no marco do Proxecto Ríos, co obxectivo de observar e desfrutar do Río Ulla ao seu paso por Catoira.
Microproxecto "Ulla e Sar" levado a cabo polo alumnado de 1º de Educación Primaria para o desenvolvemento do Proxecto Ríos.
Proxecto Ríos - 6ºA Educación Infantil
admin — Xov, 08/02/2024 - 12:52
Proxecto Ríos - 5º A Educación Primaria
admin — Mér, 21/06/2023 - 19:42
Os/as alumnos/as de 5º A de Educación Primaria, na materia "Proxecto Competencial", levaron a cabo un traballo colaborativo partindo dos contidos vinculados á "Axenda 2030", proxecto anual de Educación Primaria neste curso 2022/2023.
Decidiron facer o seu traballo sobre os ríos e os mares, xa que todos/as teñen moito contacto con eles. A través de diferentes reunións, quixeron deixar ben claro cal é a diferenza entre un río limpo e un río contaminado. Gustoulles a idea de deixalo reflectido nunha maqueta. Máis tarde, prepararon unha presentación dixital.
A través desta bonita experiencia educativa, pretenden poñer de manifesto a gran importancia do respecto polo medio ambiente.
Proxecto Ríos - Saída á Ría de Arousa
admin — Dom, 11/06/2023 - 21:40
As clases de 3º e 4º de Educación Primaria fomos ata o final da nosa Ría de Arousa para coñecer as bateas, dar unha volta polas augas do Grove e ver o itsmo da lanzada que separa da Ría de Pontevedra.