Skip to Content

EDLG

Equipo de dinamización e normalización lingüística de galego

LETRAS GALEGAS 2022

Velaquí están as nosas homenaxes a Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que está adicado o Día das Letras Galegas 2022. Tamén presentamos os traballos realizados polos máis cativos e cativas do noso cole.  

 
 
 
 
 
 
 

ENTREGA AGASALLOS VI EDICIÓN CONCURSO BANDA DESEÑADA

Parabéns ás clases e ao alumnado participante, e ganadores da  VI Edición do Concurso de Banda Deseñada.

Moitas grazas pola vosa participación e colaboración, un ano máis, cos vosos traballos!!!

Saúdos desde o EDLG!!!

 

 

VI CONCURSO DE BANDA DESEÑADA: UNHA VIAXE POLO MUNDO!!

Un curso máis, @s nos@s alumnas e alumnos, desde @s máis pequen@s ata os maiores, participaron no Concurso de Banda Deseñada, na súa VI Edición, co tema UNHA VIAXE POLO MUNDO, sorprendéndonos coa súa creatividade e orixinalidade.

Agradecemos a tod@s por tomar parte no Concurso, e parabéns aos traballos seleccinados!!!

Ata a próxima edición!!!

Saúdos desde o EDLG!!!!

Podedes ver os cómics seleccionados premendo no título: 

Unha viaxe polo mundo!!!

 

 

 

 
 

OS PÉS DE ROSALÍA!!

Ola a tod@s!

Este ano para recordar a Rosalía de Castro, no seu día, o 23 de febreiro, traballamos con poemas do seu libro Cantares Gallegos, publicado o 17 de maio do ano 1863.

Desde Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria, escribimos palabras e poemas deste libro. Nestes videos podedes ver  os que escribimos, pegámolos na parede, e seguimos  o camiño ata a foto de Rosalía.

Esperamos que vos gusten!!!

 

 

 

 

VISITA AUTORES: CARLOS LÓPEZ

Hoxe estivo connosco Carlos López, Chinto. Encheu o Salón de Actos de retranca, de contos que cambian, de animais moi orixinais. Nós pasámolo xenial e aprendemos que o oficio de escritor non é un conto calquera..

XA TEMOS HORTA NA ESCOLA!!!

Por fin o conseguimos!!! Xa temos horta no San Francisco Javier!!!

Estamos ilusionad@s e entuasiasmad@s. Esta semana empezamos a plantar a nosa horta, cada clase temos asignada unha. Imos cultivar un pouquiño de todo; desde leitugas, tomates cherri, cenorias, amorodos, plantas aromáticas, acelgas, espinacas... e moitas máis cousiñas!!!

Entre os distintos obxectivos que nos plantexamos os profes con este proxecto, destacaríamos aprender a cultivar e coidar as plantas, pero tamén aprenderemos valores moi importantes: traballo en equipo, sostenibilidade  e o respeto e coidado da natureza e da nosa contorna. 

 

 

RECOLLIDA DE MEDICAMENTOS PARA UCRAÍNA

Estimadas familias e membros da comunidade educativa: profesorado e persoal non docente. 

 

Como non podía ser doutra forma, unha vez máis queremos darvos mil grazas pola magnífica resposta á campaña de recollida de MEDICAMENTOS PARA UCRAÍNA. 

 

Hoxe, un grupo de alumn@s en representación de todo o centro, fixeron  entrega a Laura, representante da ONG FAMILIES4PEACE dos medicamentos aportados.

 

Indícannos que hoxe serán clasificados por personal sanitario voluntario, para saír nas vindeiras horas camiño de Ucraína. 

 

Grazas de novo pola vosa solidariedade, colaboración e xenerosidade!!!

 

 

TERCEIRO MANDADIÑO PARA O XOVES

 

SEGUNDO MANDADIÑO DO MECO PARA O MÉRCORES

  

Distribuir contido


by Dr. Radut