Skip to Content

NADAL SOLIDARIO 2014

Un ano máis celebráronse no último día do primeiro trimestre as probas finais da tradicional competición de atletismo do Nadal no CEIP San Francisco.

Día que supoxo unha festa para todos/as e onde o alumnado dos diferentes niveis puideron amosar as súas habilidades e o froito dos entranamentos nas fases  pevias que durante o mes anterior se desenvolveron.

Está xa configurada como unha data tradicional e de especial importancia e relevancia na comunidade do noso centro. Actividade que o propio alumnado está esperando todos os anos con gran impaciencia.

Tamén aproveitamos ese día para facer a entrega dos alimentos e xoguetes recollidos na nosa CAMPAÑA SOLIDARIA 2014, en colaboración co Banco de Alimentos "Rías Altas" e a ONG "EQUUS ZEBRA".

En resumo sinalar que foi un día de grande satisfación para todos  os membros da comunidade escolar do CEIP San Fco Xabier e que cada ano cobra máis auxe e importancia nos corazóns dos nosos alumnos/as.

Para ver reportaxe fotográfico. Pinchar aquí.

Para ver programa televisión (a partir do min 20:50). Pinchar aquí.

Para ver entrega solidaria. Pinchar na imaxen.

Para ver noticia prensa visionar PDF.

PROXECTO ANCAS NO CEIP SAN FRANCISCO XABIER

Os camiños escolares terán continuidade entre as actuacións do plan de movilidad municipal. O fomento do desprazamento a pé de alumnos e alumnas dende as súas casas hata os seus centros de ensinanza e no sentido contrario a través de itinerarios seguros, posto en práctica dende o pasado mes de abril.

O departamento de Tráfico e Movilidad incluie esta alternativa de desprazamento entre os obxectivos do Plan de Movilidade Urbana Sostible (PMUS), en concreto no apartado segundo que alude ás accións para mellorar as condicións de movilidade dos peatóns

O noso centro incorpora de feito este curso a esta iniciativa no convencemento dos aspectos positivos que nos pode aportar a toda a comunidade educativa.

 

Adxúntase o plano das rutas do CEIP San Fco Xabier enmarcadas no proxecto Ancas (Asociación de Nenoss e Nenas Camiñantes por un Ambiente Sostible), nas que parte do alumnado escollerá a vía peatonal para dirixirse cada día de casa á escola e da escola a casa tomando unha ou máis rutas do entorno polas que poderán transitar con seguridade. 

Para ver a entrega de premios ANCAS-2014 pinchar aquí. VER

PLENO MUNICIPAL INFANTIL 2014

POR UN DÍA CONVERTÍMONOS EN CONCELLEIROS E CONCELLEIRAS

DO NOSO CONCELLO DE A CORUÑA.

QUE MARAVILLOSA EXPERIENCIA. Pinchade e disfrutade

OUTONO E BUXAINAS NO CEIP SAN FRANCISCO

E TEMPO DE OUTONO, SAN MARTIÑO E BUXAINAS.

PINCHADE E VER.

DE VISITA NA DOMUS. VERDADEIRAMENTE INTERESANTE!

 "A DOMUS" NA CORUÑA.

OS SEXTOS DE SAÍDA. UNHA PEQUENA MOSTRA DA NOSA VISITA A DOMUS. Pinchar foto

REALMENTE INTERESANTE E SOBRE TODO MOI INTERACTIVA

SAMAIN-MAGOSTO-HALLOWEEN

TEMPO DE SAMAIN, DE MAGOSTO E DE HALLOWEEN. TEMPO DE MEDOS, E MOITAS RISAS. JA,JA,JA.

OS DÍAS MÁIS TERRORÍFICOS DO ANO NO CEIP SNA FRANCISCO XABIER. PINCHADE PARA VER  AS FOTOS

E PRONTO TEMPO DE CASTAÑAS. VIVA O MAGOSTO

ELECCIÓN AOS CONSELLOS ESCOLARES 2014

ELECCIÓNS AOS CONSELLOS ESCOLARES 2014

COMUNÍCASE QUE A TRAVÉS DA RESOLUCIÓN DO 19 DE SETEMBRO (DOG 01-10-2014), DA DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FP E INNOVACIÓN EDUCATIVA, ESTABLÉCESE O CALENDARIO PARA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS DE MEMBROS DOS CONSELLOS ESCOLARES DE CENTROS DOCENTES.

DITO CALENDARIO PÓDESE VER EN ARQUIVO ADXUNTO.

DIAS NON LECTIVOS

 DÍAS NON LECTIVOS.

LEMBRAMOS A TÓDOLOS MEMBROS DA COMUNIDADE ESCOLAR DO CEIP SAN FRANCISCO XABIER QUE OS VINDEIROS DÍAS 31 DE OUTUBRO E 3 DE NOVEMBRO SERÁN NON LECTIVOS.

DITA INFORMACIÓN XA FIGURABA NA CIRCULAR DE PRINCIPIOS DE CURSO.

A DIRECCIÓN

NOVA: CIRCULAR DE PRINCIPIOS DE CURSO

 

ADXÚNTASE ARQUIVO COA CIRCULAR DE PRINCIPOS DE CURSO

INFORMACIÓN SOBRE CUESTIÓNS RELACIONADAS CO CALENDARIO E ORGANIZACIÓN DE CENTRO

LISTADOS DE MATERIAL FUNXIBLE_EDUCACIÓN PRIMARIA

 PUBLíCANSE OS LISTADOS DE MATERIAS FUNXIBLES SOLICITADOS AO ALUMNADO DOS DISTINTOS NIVEIS DE EDUC. PRIMARIA.

OS CURSOS QUE NON FIGUREN EN ESTE APARTADO SERALLES FACILITADA ESTA INFORMACIÓN AO PROPIO ALUMNADO NOS PRIMEIROS DÍAS DE CLASE.

Iranse publicando o resto dos listados.

As familias do alumnado dos primeiros curso poderán, o primiro día, traer e subir todo o material as aulas unha vez sexan avisados e despois de que o alumnado faga a entrada e se leve a cabo a súa ubicación nas aulas correspondentes. Dito material deberá vir en bolsa debidamente identificada.

Distribuir contido


by Dr. Radut