Skip to Content

PERIODO DE ADAPTACIÓN. CALENDARIO CURSO 2014-2015

 

   PROCESO DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE TRES ANOS.

PERÍODO DE ADAPTACIÓN. CALENDARIO.

AULAS DE TRES ANOS. LAZO VERMELLO E LAZO AZUL

NOVO CURSO ESCOLAR 2014-2015. XA ESTAMOS DE VOLTA!!!!

EMPEZAMOS UN NOVO CURSO ESCOLAR NO CEIP SAN FRANCISCO XABIER. BENVIDOS TODOS/AS

A partir do luns 1 de setembro o Colexio estará aberto no horario habitual, de 9:00 a 14:00h. Asemade durante os primeiros días iremos publicando toda a información relavante e máis importante. Será bo que todas as familias  estean pendentes dos taboleiros do centro e deste espazo web. Para as primeiras informacións abran os adxuntos que figuran ao final. vOLTA AO COLE

Teremos convocatorias para todas as familias do alumnado dos diferentes niveis para ir facendo un primeiro contacto do curso e ir abordando dúbidas e preocupacións. 

Lembrámoslles que as clases empezan o mércores 10, segundo calendario que estará exposto nos taboleiros do centro e neste mesmo espazo. 

Temos novas relacionadas coa chegada de profesorado, reubicación de espazos e dependencias, arranxos importantes, etc. 

Foi un período vacacional no cal aproveitamos para facer algunhas melloras no noso colexio.

Un cordial saúdo de benvida de parte do equipo directivo así como de todo o profesorado do centro.

 

OUTRA NOVA DESPEDIDA. ADEUS 2013-2014

Neste maravilloso espazo cheo de lembranzas tócanos despedirnos do que durante tantos anos foi "o noso colexio". Dícia Rosalía "Adeus ríos, adeus fontes" e nos engadimos " Adeus CEIP San Francisco Xabier".

Para que na nova etapa e nun futuro próximo poidamos lembar estes momentos aquí temos unha boa escolma de fotos, recordos, amigos/as, mestres, familias... Pinchar aquí.

Tamén aquí. Video 1 e Video 2

Como dixo o director Emilio, sempre teredes un oco nesta vosa casa. Esperamos que nos veñades a ver sempre que poidades e así o desexedes.

BOA VIAXE.

CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015

CALENDARIO ESCOLARCalendario escolar 2014/2015

Xúntase a Orde do 13 de xuño de 2014 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2014/2015, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Publicación prevista no DOG o día 26 de xuño. VER

 

CIRCULAR DE FIN DE CURSO 2013-2014

CIRCULAR

CIRCULAR DE FIN DE CURSO 2013-2014

Ver adxunto

RELACIÓN DE LIBROS E MATERIAIS CURSO 2014-2015

librosRELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS DIDÁCTICOS

Para acceder a listado listados de libros. Ver arquivos adxuntos

Para acceder a listado de materiais de Educación Infantil. Ver arquivos adxuntos

AXUDAS LIBROS.Gratuidade solidaria: Curso 2014/2015

CONVOCATORIA AXUDAS LIBROS CURSO 2014-2015.

Obxecto da convocatoria e procedemento. Orde do 28 de maio de 2014

O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado eneducación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para o seu uso no curso escolar 2014/2015.

Para ter máis información pinchar aquí.

RADIO VALOR -2014-

¿A RADIO CHEGOU A ESCOLA!

A NOTICIA ESTA VEZ É QUE A RADIO (CADENA SER) CHEGOU AO NOSO CENTRO.

A VERDADE É QUE A AVENTURA FOI TOTAL E NOLO PASAMO "SUPER GUAIIIII".

PASAMOS MOITO TRABALLO E NERVOS NA PREPARACIÓN DO EVENTO PERO VERDADEIRAMENTE PAGOU A PENA.

LECTURAS, ENTREVISTAS, NOTICIAS, MUSICA...UNHA CHEA DE COUSAS QUE DISFRUTAMOS TODOS E TODAS.

DÁMOSLLE AS GRAZAS AO PROGRAMA "RADIO-VALOR" QUE FAI A CADENA SER EN COLABORACIÓN CO SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN DO CONCELLO DE A CORUÑA. GRAZAS BELÉN, GRAZAS ALFONSO

SI QUEREDES VER FOTOS PINCHADE AQUÍ.

http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d10662062kP93305560o2/radio-valor

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS

Comunicamos a todos os interesados que, finalizado o prazo de reclamacións, procedemos a publicar as listaxes definitivas de alumnado admitido para o curso 2014-15. Estas listaxes sufriron algunha variación con respeto ás provisionais. Ditas varaiacións xa foron informadas e xustificadas na reunión do Consello Escolar do pasado día 12-05-2014. Pódense consultar nos PDF adxuntos

Segundo o art. 40.2 da Orde de 12 de marzo de 2013, o prazo de matrícula será do 20 ao 30 de xuño na secreataría do centro.

A documentación a entregar será:

1.- Documento de matrícula cuberta ( a recoller no centro).

2.- Catro fotos tamaño carné.

3.- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

Rógase estar pendentes da comunicación co centro para irse informando das novas que xurdan.

 

 

 

LISTADOS PROVISIONAIS DE ADMISION DE ALUMNADO 2014-2015

admin O PASADO DÍA 23 DE ABRIL O CONSELLO ESCOLAR DO CEIP SAN FRANCISCO XABIER FOI INFORMADO E REFERENDOU AS LISTAXES PROVISIONAIS QUE AQUÍ SE PUBLICAN.

ÁBRESE UN PERIODO ATA O DÍA 5 DE MAIO PARA A PRESENTACIÓN DE POSIBLES RECLAMACIÓNS PERANTE A SECRETARÍA DO CENTRO (Art. 30). A RESOLUCIÓN DAS MESMAS FARASE TENDO EN CONTA O DETERMINADO NO art. 31.1

ANTES DO 15 D E MAIO PUBLICARANSE OS LISTADOS DEFINITIVOS DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO (Art:31).

NOTA: Articulado referido a Orde de 12 de marzo de 2013

Distribuir contido


by Dr. Radut