Informamos de que se abre o prazo para a reserva de praza no centro de adscrición para o curso 2022-23
- Prazo de solicitude de reserva de praza para o alumnado de 6º de Educación Primaria que pretenda cursar estudos de 1º da ESO no IES MONELOS (centro adscrito) é do 11 de xaneiro ao 08 de febreiro.
- Presentación de solicitudes:
- No noso centro segundo o formulario ED550A
- A través da Sede Electrónica da Xunta ou cumprimentala a través da aplicación admisióndealumnado, presentándoa posteriormente no centro.
A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, realizarase no noso centro ou na aplicación admisionalumnado.
A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do incio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión. A presentación de solicitude noutro centro dará lugar á perda de prioridade.