Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

"Desde a súa aprobación pola UNESCO en 1999, cada 21 de febreiro vén celebrándose o Día Internacional da Lingua Materna.  

A UNESCO estima que, cada dúas semanas, unha lingua desaparece, e con ela os seus cantos e tradicións, os seus xeitos específicos de nomear e de entender o mundo e a capacidade do pobo que a creou para manter o vínculo a través desa creación colectiva sobre un territorio, modulando os seus xeitos de vida e a súa cultura.

Falar en cada territorio a lingua propia é o xeito de comprometérmonos coa defensa de todos os idiomas.

Lingua materna non é só a que se nos transmitiu na primeira infancia ou a lingua inicial. Falar galego transcende a propia identidade: permítenos sobrevivir como pobo con personalidade de seu, mais tamén nos conecta cunha causa global, a da defensa da diversidade lingüística e cultural, para que o soño das mil primaveras siga sendo posible para nós e para o mundo, para o planeta e as linguas que o habitan."

María López Sández, Académica de número da Real Academia Galega: 21 de febreiro: Día Internacional da Lingua Materna



blog | by Dr. Radut