Skip to Content

PELÍCULAS DE NETFLIX PARA EDUCAR EN VALORES

O blog Ayuda para maestros ofrécenos unha selección de 10 películas de Netflix para abordar distintos valores, neste días esperamos que sexan útiles ás familias con fillos de diferentes idades.

Para acceder, pódese facer click no título de cada unha das películas. A desfrutar!!

 

1. El médico africano: un brillante médico congoleño logra escapar felizmente da dictadura e trasládase coa súa familia a un pobiño francés onde todas sufrirán o choque cultural.

 

2. El niño que domó el viento: un neno de 13 años inspírase nun libro de ciencias para construir unha turbina de vento e salvar da fame ao seu pobo en Malawi. Basada en feitos reais.

 

 

3. Mala hierba: un estafador de pouca monta cun pasado difícil que opera coa súa nai adoptiva faise cargo dun grupo de estudantes problemáticos que o cambiarán todo.

 

 

4. El buen Sam: unha curiosa periodista atopa o amor mentres investiga a historia de un misterioso personaxe que deixa bolsas de diñeiro en casas alleas por toda Nova Iork.

 

 

5. El indomable Will Hunting: cando uns profesores do MIT decátanse de que un bedel é un xenio das matemáticas, un terapeuta axudará ao xoven a afrontar os demos que o reprimen. 

 

6. Wonder: un rapaz cunha cara distinta nunca foi á escola porque o educaron na casa. Agora chegou o momento de saír fóra e facer amigos na súa nova clase.

 

 

7. Juego de honor: Ken Carter, un entrenador de baloncesto polémico, antepón os estudos ao deporte e, dado o baixo rendemiento académico do equipo, suspende os próximos partidos.

 

 

8. The bad kids: un grupo de profesores dun instituto no deserto de Mojave defenden un enfoque pouco convencional para axudar a estudantes con problemas.

 

 

9. Billy Elliot: un rapaz cambia as súas clases de boxeo polas de ballet, paixón que quere levar ata o final, pero o seu pai non o ve con bos ollos.

 

 

10. El ascenso: un xoven parisino de orixe senegalesa decide escalar o Everest para impresionar á muller que ama.



blog | by Dr. Radut