Skip to Content

COMEZO DE CURSO 2011-2012

31 Ago 2011 22:46

A partir do xoves 1 de setembro o CEIP San Francisco Xabier abre oficialmente as súas portas para dar inicio ao novo curso, segundo a O. de 24 de maio de 2011.

No nome do novo equipo directivo, do profesorado e demais persoal non docente queremos dar, un ano máis, a benvida a todas e todos, e especialmente ás novas familias, e novo alumnado. Lembrarvos tamén que nesta web teredes información continua que se irá actualizando pouco a pouco sobre o: centro, o profesorado, os horarios, actividades, acontecementos, etc). Por último animarvos a participar enviando suxerencias ao enderezo ceip.sanfrancisco@edu.xunta.es . Bo curso e un desexo inicial.

QUE ENTRE TODOS POIDAMOS FORMAR UNHA VERDADEIRA COMUNIDADE EDUCATIVA E PERSOAL ONDE AS BOAS RELACIÓNS AXUDEN A CONSEGUIR AS MELLORAS QUE DE SEGURO TODAS/OS QUEREMOS PARA OS NOSO CENTRO E O NOSO ALUMNADO



event | by Dr. Radut