Skip to Content

BOLSAS DE ESTUDO MEC PARA O CURSO 24/25

Estimadas familias lembrámosvos que o prazo para solicitar as bolsas de estudo MEC para o curso 24/25 permanecerá aberto ata o día 10 de maio de 2024 ás 15.00 horas.

Estudos para os que se pode solicitar a bolsa MEC:

  • Bacharelato.
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados.
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
  • Ensinos artísticos: profesionais e superiores.
  • Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia.
  • Ensinos deportivos.
  • Estudos relixiosos superiores.
  • Formación Profesional de Grao Básico.
  • Ensino universitario: Graos, Máster...

 

Máis información na seguinte ligazón:

https:// www.becaseducacion.gob.es

 

ADMISIÓN ALUMNADO-ZONA INFLUENCIA

Adxúntase resolución da xefatura territorial da Coruña , da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, de conformidade co disposto no artigo 2 do decreto 13/2022, do 3 de febreiro e da orde do 12 de marzo de 2013, sobre a delimitación das zonas de influencia dos centros da cidade, con efecto no procedemento de admisión do alumnado.

Según dita Resolución, a zona que corresponde ao noso centro escolar é a seguinte:

CEIP SAN FRANCISCO JAVIER (IES MONELOS).

– Rúa Ramón y Cajal dende o cruce coa Avenida do Exército ata a cruce con Pérez Ardá, continúapor Avda. Salgado Torres ata a Rúa Caballeros.

– Rúa Caballeros ata o Camiño do Corgo

– Camiño do Corgo ata o cruce con Antonio Ríos

– Dende Antonio Ríos xiro á esquerda por rúa indeterminada ata a intersección coa Avenida do

Exército

– Avenida do Exército ata o cruce con Ramón y Cajal

DÍA DA MULLER 8M

Este ano, co gallo do noso proxecto da Biblioteca, quixemos acercarnos as mulleres, especialmente as deportistas. Eiquí tedes unha pequena mostra do traballado polo noso alumnado! Clica na imaxe para visionalo.

 

ADMITIDOS NA RESERVA DE PRAZAS IES MONELOS

O IES Monelos comunicou que todo o alumnado de 6º do CEIP San Francisco Javier que solicitou reserva de praza no IES Monelos, ao que se adscribe o noso centro, foi admitido.

O listado está dispoñible para a súa consulta presencial no taboleiro do interior do CEIP San Francisco Javier. 

DÍA DE ROSALÍA 2024

NOVO ÁLBUM ENTROIDO

Benqueridas familias!

Xa temos dispoñible na nosa galería un vídeo resumo dos nosos traballos e desfile de Entroido.

 

 

E se queredes desfrutar dun momento divertido non perdades ollo ás simpáticas fotos de grupo que atoparedes premendo na seguinte imaxe.

 

 

 

Moitas grazas a todo o noso alumnado, profesorado e familias pola vosa colaboración e participación activa nas nosas celebracións!

Esperamos que vos guste moito!

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

"Desde a súa aprobación pola UNESCO en 1999, cada 21 de febreiro vén celebrándose o Día Internacional da Lingua Materna.  

A UNESCO estima que, cada dúas semanas, unha lingua desaparece, e con ela os seus cantos e tradicións, os seus xeitos específicos de nomear e de entender o mundo e a capacidade do pobo que a creou para manter o vínculo a través desa creación colectiva sobre un territorio, modulando os seus xeitos de vida e a súa cultura.

Falar en cada territorio a lingua propia é o xeito de comprometérmonos coa defensa de todos os idiomas.

Lingua materna non é só a que se nos transmitiu na primeira infancia ou a lingua inicial. Falar galego transcende a propia identidade: permítenos sobrevivir como pobo con personalidade de seu, mais tamén nos conecta cunha causa global, a da defensa da diversidade lingüística e cultural, para que o soño das mil primaveras siga sendo posible para nós e para o mundo, para o planeta e as linguas que o habitan."

María López Sández, Académica de número da Real Academia Galega: 21 de febreiro: Día Internacional da Lingua Materna

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Convidámoste a participar na xornada de portas abertas do noso centro!

Para inscribirse , rogamos cubrir este formulario 

Duración aproximada da xornada: 60 minutos.

 

BANCO DE ALIMENTOS RIAS ALTAS

O Banco de Alimentos Rías Altas agradece ás familias do CEIP San Francisco Javier a súa colaboración realizada no pasado mes de decembro, mediante a aportación de 272,10 Kg de alimentos.

Distribuir contido


by Dr. Radut