Skip to Content

AVALIACIÓN DO ALUMNADO E INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:


Informamos que, seguindo o Protocolo de Protección de Datos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, a partir deste curso 2023-24 as cualificacións do alumnado, consideradas como datos persoais, serán enviadas a través do ABALAR para garantir a confidencialidade destes datos.

Soamente, de forma excepcional este primeiro trimestre, a causa de problemas informáticos, o alumnado de Educación Infantil levará un boletín informativo impreso para as familias. Cada alumno/a de Educación Infantil levará un só boletín por familia. Aquelas familias que desexen un boletín impreso das cualificacións do seus fillos/as deberán solicitalo na administración do centro por escrito. Estes boletíns entregaranse en man á familia solicitante.

25N-CHEAS DE VIDA... CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Deste modo alza a voz a nosa comunidade escolar contra a violencia de xénero, cantando...CHEAS DE VIDA!!

Para ver video, PINCHA NA IMAXE DE ABAIXO

 

CHARLAS DO PLAN DIRECTOR

Con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, recibimos no noso centro a Abraham, un Policía Nacional que veu falar sobre ese tema tan importante ao noso alumnado de 5º e 6º.

 

MAGOSTO DO COLEXIO

O venres 10 de Novembro imos celebrar un Magosto no colexio durante a xornada escolar, no que o alumnado participará en xogos e actividades organizados polo profesorado.

Ademáis virá un castañeiro e comeremos as castañas nunha xornada de convivencia que seguro nos fará disfrutar a todas e a todos.

OBRAS NO CENTRO. CIRCULAR INFORMATIVA A FAMILIAS

Informámosvos de que a Consellería vai dar comezo o vindeiro luns día 13 de Novembro, ás obras de instalación do ascensor e de adaptación dos baños do alumnado.

Estas obras obrigan a reorganizar, de forma provisional mentres non se rematen, algúns aspectos do funcionamento do centro.

Afectarán a todas as plantas e en especial ás escaleiras da zona esquerda (a máis próxima ao comedor) e aos baños do alumnado (de nenos) así como o cambiador, que quedarán provisionalmente inutilizados.

As medidas de reorganización que atinxen ás familias relaciónanse coas entradas e saídas e recóllense na Circular adxunta.

Lembramos que as obras, aínda que sempre supoñen algunha molestia:

- Vanse realizar con garantías de seguridade do alumnado.

-Son necesarias para adecuar as instalación á normativa de accesibilidade.

-Van mellorar as instalación e o benestar do alumnado.

 Polo tanto, pedímosvos paciencia e colaboración.

 

Convocatoria Bolsas Comedor Municipais curso 2023-2024- Resolución definitiva

Onte 09 de outubro de 2023 publicáronse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, as listaxes definitivas que se acompañan coa Resolución de concesión de axudas para o pagamento de comedores escolares no curso 2023-2024.

Máis información no arquivo adxunto. 

AUTORIZACIÓN DÍA NON LECTIVO

Infórmase á comunidade educativa de que foi autorizado pola Xefatura Territorial o vindeiro 13 de outubro de 2023 como día non lectivo.

Modificacións ao Calendario Escolar 2023-2024

Por acordo do Consello Escolar deste centro, solicitouse á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade autorización para a consideración das seguintes datas como días non lectivos:

13 de Outubro de 2023

20 de Maio de 2024 

CALENDARIO XUNTANZAS TITORÍAS-FAMILIAS

Publícase o calendario das xuntanzas previstas entre o profesorado titor e as persoas responsables legais do alumnado do seu grupo.

As reunións realizaranse nas aulas de cada grupo e, dada a limitación dos espazos rógase acuda unha soa persoa responsable por cada alumna-o. Así mesmo, rógase asistir sen nenos-as para facilitar a comunicación e optimizar os tempos.

Adxúntase unha táboa informativa de datas e espazos para cada titoría. O resumo do calendario é o seguinte:

LUNS 18/09/2023:

6º EP DE 16:00 A 17:00

LUNS 25/09/2023:

5º EI de 16:00 a 17:00

e 3º EP de 16:00 a 16:30

e 4º EP de 16:30 a 17:00

5ºEP de 16:00 a 17:00

LUNS 02/10/2023

6º EI de 16:00 a 17:00 

  

CALENDARIO XUNTANZAS TITORÍAS-FAMILIAS

Publícase o calendario das xuntanzas previstas entre o profesorado titor e as persoas responsables legais do alumnado do seu grupo.

As reunións realizaranse nas aulas de cada grupo e, dada a limitación dos espazos rógase acuda unha soa persoa responsable por cada alumna-o. Así mesmo, rógase asistir sen nenos-as para facilitar a comunicación e optimizar os tempos.

Adxúntase unha táboa informativa de datas e espazos para cada titoría. O resumo do calendario é o seguinte:

LUNS 18/09/2023:

6º EP DE 16:00 A 17:00

LUNS 25/09/2023:

5º EI de 16:00 a 17:00

e 3º EP de 16:00 a 16:30

e 4º EP de 16:30 a 17:00

5ºEP de 16:00 a 17:00

LUNS 02/10/2023

 

6º EI de 16:00 a 17:00 

  

Distribuir contido


by Dr. Radut