Skip to Content

ANPA- ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2023-24

Estimadas familias:

Na seguinte ligazón atoparedes información da ANPA (Asociación de Nais e Pais) do centro, que pode ser do voso interés, sobre a programación de actividades extraescolares para este curso e como inscribirse nelas. O prazo para facelo estará aberto na semana do 11 de setembro.

ANPA- ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 

ORGANIZACIÓN INICIO DAS CLASES. DÍA 11 DE SETEMBRO

Estimadas familias:

Iniciamos o 2023-2024 como novo equipo directivo e, xunto con todo o profesorado, queremos darvos a benvida a este curso escolar.

Equipo directivo:

Directora: María Victoria Esteban Riesco

Secretaria: Silvia Lozano Abuín.

Xefa de Estudos: Virginia Dávila Barba.

Comezo das clases:

Dende o día 1 de setembro o centro permanece aberto durante a xornada habitual e as clases darán comezo o luns día 11 de setembro en horario de 9:00 a 14:00,agás o alumnado de 4º de Educación Infantil que terá o horario establecido para o período de adaptación.

Organización de entradas e saídas:

En arquivo adxunto podedes ver a circular de inicio do curso, que contén información importante de entradas, saídas e normas de organización e funcionamento. 

Tamén atoparedes para descargar os impresos das autorizacións do alumnado, ao remate desta publicación.

Comunicacións:

Como sabedes, o medio de comunicación co profesorado titor é, ademáis das titorías presenciais, a aplicación abalarmóbil. Nela poderedes consultar información académica da vosa filla ou fillo, do grupo a que pertence e o profesorado que ten asignado.

Se aínda non tedes descargada esta aplicación, hai un post cunha guía AbalarMobil para facelo.

Lembramos que o principal medio de comunicación de novas e información importante continúa  a ser a web do centro.

Libros de texto e material funxible:

No taboleiro de anuncios do centro e na web está publicado dende xuño o listado de libros de texto.

A entrega de libros do Fondo Solidario realizouse o día 8 de setembro e a de vales para libros e para material iniciouse en xullo. Quen teña concedidas estas axudas e non as recollese aínda, pode dirixirse á secretaría do centro. Os libros que quedasen sen recoller serán entregados ao alumnado nos primeiros días.

Os listados de material funxible están publicados nun post anterior.

Feliz curso e recibide un afectuoso saúdo.

Equipo Directivo

 

RECORDATORIO BECAS MEC

Estimadas familias:

Lembrámosvos que o prazo para solicitar as axudas do MEC para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE) para o curso 2023-24, permanecerá aberto ata o día 20 de setembro.

Máis información na seguinte ligazón:   BECAS MEC

 

GUIA ABALARMOBIL PARA FAMILIAS

Información de interés para as familias de alumnado de 4º de infantil e as que se incorporan ao sistema educativo galego.

Recoméndase descargar a aplicación abalar no seu móbil para recibir comunicacións do centro escolar. Máis información na seguinte ligazón:

GUIA ABALARMOBIL

abalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información académica de calquera dos seus fillos a través do teléfono móbil.

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece estes servizos móbiles de Abalar para permitir aos responsables do alumnado poder seguir a actividade dos seus fillos desde calquera lugar.

MATERIAL ESCOLAR ALUMNADO PRIMARIA. CURSO 2023-24

Estimadas familias:

Nesta publicación atoparedes en arquivos adxuntos, os listados de material preciso para o curso 2023-24, que foron elaborados polo profesorado nos equipos de ciclo.

ENTREGA DE LIBROS DO FONDO. ALUMNADO DE 3º A 6º DE PRIMARIA.

Infórmase ás familias de alumnado dende 3º a 6º de Primaria que teñen asignados libros de texto do Fondo Solidario, que a entrega realizarase ás persoas solicitantes (nai ou pai) o vindeiro venres día 8 de setembro, en horario de 10:00 a 11:00 horas, no patio cuberto do colexio por parte do profesorado titor.

No momento da entrega deberán asinar un documento de recepción e non se entregarán a persoas diferentes das solicitantes, para evitar extravíos.

De non poder acudir na data e horario fixados, entregaranse unha vez comezadas as clases poñéndose en contacto co profesorado titor.

REUNIÓN FAMILIAS 4º EDUCACIÓN INFANTIL. PERÍODO DE ADAPTACIÓN.

Estimadas familias de 4º de EI, 

O profesorado e o equipo directivo queremos darvos a benvida a este centro e desexarvos un feliz curso escolar. 

O vindeiro xoves día 7 de setembro, de 12:30 a 13:30 horas, teredes unha reunión coas titoras no Salón de Actos, situado no 2º andar, na que se trasladará información importante sobre o período de adaptación e outros aspectos e aclararanse as dúbidas que poidan xurdir.

Os listados para coñecer o grupo asignado están expostos no taboleiro do interior do centro. En arquivos adxuntos tedes información sobre a organización do período de adaptación nos grupos A e B.

Recibide un cordial saúdo.

Benvida ao novo curso 2023-24

Estimadas familias,

Dende todo o claustro do CEIP San Francisco Xabier queremos darvos a benvida a este curso 2023/24.

Desde mañá, venres, día 1 de setembro o centro permanecerá aberto en horario de mañá, aínda que estamos a organizar o novo curso que comeza o  luns día 11 de setembro.

Aproveitamos a ocasión para comunicarvos que a entrega fondolibros ás familias beneficiarias realizarase o venres 8 de setembro  de 10-11 horas da mañá no patio cuberto do centro.

Se algunha familia non pode acudir a recollelos ese día, entregaránselle os libros ao alumnado nos primeiros días de clase.

 

Lembrámosvos que iremos actualizando a información e dando a coñecer as novas do centro a través desta páxina web e da aplicación ABALAR.

 

FELIZ INICIO DE CURSO!

Convocatoria Bolsas Comedor Municipais curso 2023-2024-Resolución definitiva

Resolución definitiva das becas de comedor do Concello de A Coruña concedidas e denegadas.

Consultar información no arquivo adxunto.

CONCELLO DA CORUÑA: LISTAXES DE BOLSAS COMEDOR- CURSO 2023-2024

O Concello da Coruña infórmanos de que, dende o 17 de xullo de 2023,  está publicada no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello,a listaxe provisional de concesións e denegación das solicitudes de bolsas municipais de comedor  para o curso 2023-2024. Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado.

Pódense consultar nas seguintes ligazóns:

 -   Taboleiro de edictos

-   Páxina web de servizos sociais

-   Taboleiros dos centros cívicos municipais

Máis información sobre trámites, prazo de alegacións, etc., no arquivo adxunto: Becas comedor.

Distribuir contido


by Dr. Radut