Skip to Content

CIRCULAR FIN DE CURSO

MATRÍCULA ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2023-2024

Lembramos que o alumnado admitido no CEIP San Francisco Javier para o curso 2023-2024 deberá formalizar a súa matrícula entre os días 20 e 30 de xuño. 

Se finalizado este prazo non a tivese formalizado, decaerá o seu dereito á mesma.

A documentación que deberá presentar é: 

  • Impreso de matrícula

  • Autorizacións

  • 4 fotografías tamaño carné.

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria actualizada da alumna ou alumno. 

  • En caso de divorcio ou separación, copia cotexada da sentenza xudicial e/ou do convenio regulador no que conste a custodia da ou do menor.

Unha vez realizada a matrícula, a familia deberá darse de alta na aplicación abalarmóbil, a cal non estará habilitada ata setembro.

ACTO ENTREGA DIPLOMAS TEI

O luns día 5 tivo lugar no salón de actos do centro a entrega de diplomas do programa TEI (Titoria Entre Iguais).

O alumnado de 5º e de 3º de EP é o protagonista convertíndose os de 5º en titores e os de 3º en titorizados.

O obxectivo do programa é favorecer a convivencia, as relación sociais, a resolución pacífica de conflitos, a prevención do acoso escolar, a TOLERANCIA CERO a calquera tipo de violencia, ao que se une o fomento de valores como o respecto, a empatía, o compañerismo e a confianza.

Agradecemos o seu acompañamento neste acto a:

  • Dona Inés Rey (alcaldesa de A Coruña)
  • Don Jesús Celemín (concelleiro de Educación)
  • Don Emilio Veiga (director do Centro de Formación e Recursos)
  • Don Xosé Marquina e Dona Carlota Sánchez (clube Deportivo Genuine e Feminino)
  • Dona María José Couso: ex-titora do alumnado titor de 5ºB.

Agradecemos especialmente ao profesorado titor dos grupos de 3º e de 5º de EP pola súa implicación ao longo do curso neste programa.

 

TRABALLOS NARRATIVA E CÓMIC

Un curso máis o alumnado realizou traballos narrativos e de banda deseñada. Deixáronnos abraiados coa súa imaxinación e creatividade.

Grazas por participar!.

Saúdos desde o E.D.L.G.

Magosto

Banda deseñada

PROXECTO SEMENTE: GRAZAS

Grazas a todas e a todos os que nos acompañastes o pasado venres na cita en María Pita con motivo do Proxecto Semente. 

Parabéns ó profesorado, alumnado e familias, e o noso agradecemento ó Concello de A Coruña por favorecer estas iniciativas. 

A prensa fíxose eco da nosa presenza alí:

La Opinión Coruña

La Voz de Galicia

 

 

 

 

 

AXUDAS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023-2024

Está publicada a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO educación especial para o curso escolar 2023-2024.

Normativa do procedemento: Orden de 10 de mayo de 2023 por la que se regula la participación en el fondo solidario de libros de texto y se convocan ayudas para adquirir libros de texto y material escolar destinadas al alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obligatoria y educación especial en centros docentes sostenidos con fondos públicos para el curso escolar 2023/24 (códigos de procedimiento ED330B, ED330G y ED330H).

prazo de presentación de solicitudes é do 20 de maio ata o 21 de xuño de 2023.

O alumnado de 6º de Educación Primaria que pasa a 1º da ESO deberá presentar a solicitude no IES onde estea admitido para o vindeiro curso 2023-2024.

As solicitudes cubriranse e presentaranse preferentemente por vía telemática a través da aplicación FONDO LIBROS e a  SEDE ELECTRÓNICA

Poderá presentarse na secretaría do centro en horario de 9:15 a 11:30  e de 12:00 a 13:30, así como os luns en horario de 16:00 a 18:00 h. A documentación a presentar é a seguinte:

  • Unha única solicitude por familia (ANEXO I e II) incluindo todos os fillos e fillas matriculados no centro.
  • Documentación necesaria para xustificar o alegado na solicitude (orixinal e fotocopia).

DATAS IMPORTANTES

  • Publicación listaxes provisionais: ata o 12 de xullo.

  • Reclamación ás listaxes provisionais: dous días hábiles logo tras a publicación das listaxes provisionais.

  • Publicación listaxes definitivas: ata o 26 de xullo.

  • Entrega libros de texto do fondo ás familias de 3º  a 6º de EP: en setembro. Comunicarase a través da web e/ou abalarmóbil.

  • Entrega de vales para a adquisición de libros de texto e material: do 30 de xuño ao 7 de xullo. Os vales que non se recollan nestas datas poderán recollerese a partires do día 1 de setembro na administración do centro en horario de 9:30 a 11:30 e de 12:00 a 13:30 horas.

CITA EN MARÍA PITA VENRES 19 DE MAIO

Estimadas familias, 

Este ano volvemos a participar no Proxecto Semente, iniciativa do Concello da Coruña para promover o espírito emprendedor e as habilidades sociais entre nenas e nenos. 

As nenas e nenos de 5º de EP traballaron moitísimo e crearon unha cooperativa moi especial. Dedicaron moito esforzo e creatividade para desarrollar os seus propios produtos que venderán neste mercado, mañá venres 19 de maio na Praza de María Pita, de 16:30 a 20:30 horas. 

Estades todas e todos invitados a que nos acompañedes, será un momento cheo de alegría e diversión para toda a familia, e un gran apoio para as nosas nenas e nenos de 5º de EP. 

Vémonos alí!!! 

 

CELEBRAMOS AS NOSAS LETRAS

Este mércores 17 de maio conmemórase o Día das Letras Galegas. Ao longo desta semana, o alumnado elaborou audios tratando temas relacionados coa nosa lingua e o seu patrimonio. Están á vosa disposición en formato QR no muro do colexio que linda ca rúa Roberto Tojeiro.

Estaremos encantados e encantadas de que nos escoitedes!!

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024. LISTAXES DEFINITIVAS

Informamos que están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2023-2024.

Estas listaxes pódense consultar no taboleiro interior do centro ou telematicamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou certificado dixital.

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Se finalizado este prazo non se formalizase a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.

Distribuir contido


by Dr. Radut