Skip to Content

CELEBRAMOS AS NOSAS LETRAS

Este mércores 17 de maio conmemórase o Día das Letras Galegas. Ao longo desta semana, o alumnado elaborou audios tratando temas relacionados coa nosa lingua e o seu patrimonio. Están á vosa disposición en formato QR no muro do colexio que linda ca rúa Roberto Tojeiro.

Estaremos encantados e encantadas de que nos escoitedes!!

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024. LISTAXES DEFINITIVAS

Informamos que están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2023-2024.

Estas listaxes pódense consultar no taboleiro interior do centro ou telematicamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou certificado dixital.

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Se finalizado este prazo non se formalizase a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.

MÚSICA E EVOLUCIÓN

O pasado luns o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria asistiu a un concerto explicativo da man dos músicos Rosa e Pablo.

O alumnado tivo a oportunidade de coñecer o porqué dalgúns roles do ser humano na sociedade explicado a través da música tradicional galega.

Todo, ao tempo que se informaban sobre a evolución dos instrumentos galegos que coñecen hoxe en día e da importancia da música na sociedade xa desde as orixes da humanidade e ata os nosos días.

A conclusión foi que a música abarca moitos ámbitos da nosa vida redundando con importantes beneficios en cada un de nós como seres humanos e en conxunto como sociedade.

Velaquí algunhas imaxes da actividade.

 

BOLSAS NEAE 2023-2024

Informamos de que está aberto o prazo para a solicitude de becas para alumnado NEAE. 

INFORMACIÓN

XA TEMOS ROCÓDROMO

Estimada comunidade educativa, 
 
Comprácenos informarvos que o noso centro acaba de instalar un rocódromo no patio escolar.  
Este novo elemento, non só nos proporcionará unha nova actividade para os nosos estudantes, senon que tamén promoverá a actividade física e mellora da coordinación e equilibrio.
 
Queremos agradecer a colaboración do Concello de A Coruña  para que este proxecto poidera convertirse en realidade. 
 

SAÍDA Á RÚA

O alumnado de 6ºA de EI do colexio participou na actividade "Os parrulos coñecen a rúa"

LETRAS GALEGAS

Ola! Estamos moi contentos de anunciar que o profesorado do equipo TIC preparou un Genially fantástico para celebrar o día das Letras Galegas! O Genially é unha forma interactiva e divertida de aprender. Esperamos que vos guste tanto como a nós.

ADMISIÓN ALUMNADO. LISTAXES PROVISIONAIS CURSO 2023-2024

Hoxe, día 25 de abril de 2023, procédese á publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido para o curso 2023-2024.

Estas listaxes pódense consultar no taboleiro interior do centro ou telematicamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou certificado dixital.

Para consulta do detalle do baremo o horario é de 13:00 a 14:00 horas.

Os días de reclamacións ás listaxes son o 26, 27, 28 de abril e o 3 e 4 de maio na administración do centro en horario de 13:00 a 14:00 horas.

As reclamacións resolveranse coa publicación das listaxes definitivas o 15 de maio. A súa publicación comunicarase a través da web do centro.

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Se finalizado este prazo non se formalizara a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.

A HORTA ESCOLAR: SEMENTANDO APRENDIZAXES

Comprácenos informar que no colexio continuamos a traballar no noso horto escolar. Este ano contamos coa participación e a iniciativa do proxecto "A HORTA QUE QUEREMOS", do Concello de A Coruña e a Fundación Repsol, a quenes queremos agradecer a súa colaboración neste labor.

A través deste proxecto, o noso alumnado está a aprender a cultivar as súas propias verduras e hortalizas, fomentando unha alimentación saudable e sostible. Ademais, están a adquirir habilidades valiosas no coidado do medio ambiente e o traballo en equipo.

Esperamos poder compartir pronto os froitos do noso traballo.

PROXECTO SEMENTE. PARTICIPAMOS OS DE 5º EP!!!

Onte, unha representación das cooperativas que creamos en 5º curso de EP, impulsadas polo Proxecto Semente, fomos ao Concello solicitar a licenza de venda dos nosos produtos.
Estabamos moi nerviosos pero saíu todo xenial.
Alí coñecemos a nenos e nenas doutros colexios. O acto celebrouse no Salón de Plenos, un lugar belísimo, case tanto coma nós, que fomos moi elegantes.
A alcaldesa felicitounos e animounos a seguir traballando porque o mercado xa será o vindeiro 19 de maio.
Queda pouco tempo e moito por facer.

Ademais Pablo Díaz Bouza entrevistounos para o programa "Hoy por hoy", de Radio Coruña. Mirade que ben falamos...

(Audio)
 

Seguiremos informando, querido colexio.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut