Skip to Content

Taboleiro

2ª CIRCULAR INFORMATIVA

CALENDARIO CURSO ESCOLAR 2022-2023

4º EDUCACIÓN INFANTIL. PERÍODO ADAPTACIÓN E REUNIÓN FAMILIAS

Estimadas familias de 4º de EI, 

O profesorado e o equipo directivo queremos darvos a benvida ó centro e desexarvos un feliz curso escolar. 

O vindeiro martes día 6 de setembro, de 12:00 a 13:00 horas, teredes unha reunión cas titoras nas aulas asignadas a 4ºEI, na que se trasladará información importante e se aclararán as dúbidas que poidan xurdir.

En arquivos adxuntos figuran os horarios dos grupos. As listaxes de cada clase pódense consultar no taboeiro interior do centro.

Recibide un cordial saúdo 

PERÍODO DE ADAPTACIÓN 4ºA EI

PERÍODO DE ADAPTACIÓN 4ºB EI

MATERIAL 

BENVIDA INICIO DE CURSO

Estimadas familias,

Tanto o equipo directivo como o profesorado queremos darvos a benvida a este curso, no que por fin volveremos á “normalidade”

Desde o día 1 de setembro o centro estará aberto e estamos a organizar o novo curso para que esté todo preparado para o comezo das clases, o día 8 de setembro.

Procedemos a publicar a primeira circular do curso,  que contén información importante entradas, saídas e normas de organización e funcionamento. 

Lembramos que o principal medio de comunicación de novas e información importante segue a ser a web do centro.

Feliz curso e recibide un afectuoso saúdo.

Equipo Directivo

Preme na imaxe para acceder á información:

 

 

FONDO LIBROS CURSO 2022-2023. LISTAXES DEFINITIVAS.

Están publicadas as listaxes definitivas da axuda para a adquisición dos libros de texto para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP, e de material para o alumnado de 1º e 2º de EP para o curso escolar 2022-2023. Poden consultalas na aplicación ou no taboleiro interior do centro.

 

FONDO LIBROS CURSO 2022-2023. LISTAXES PROVISIONAIS.

Están publicadas as listaxes provisionais da axuda para a adquisición dos libros de texto para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP, e de material para o alumnado de 1º e 2º de EP para o curso escolar 2022-2023. Poden consultalas na aplicación ou no taboleiro interior do centro.

 

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-2023

                  

                   

                   

     

CIRCULAR FIN DE CURSO

PREMA NA IMAXE PARA ACCEDER Ó CONTIDO

ENTREGA DE PREMIOS LETRAS GALEGAS

Un curso máis as nosas alumnas e alumnos, desde as máis pequenas ata os maiores, participaron nun concurso de poemas, na súa VI edición, co tema Unha viaxe polo mundo, sorprendéndoos coa súa creatividade e orixinalidade.

Aquí podedes ver os poemas seleccionados.

Agradecemos a todas e a todos tomar parte neste concurso e dámoslles os nosos parabéns aos traballos seleccionados!!!.

Ata a próxima edición!. 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut