Skip to Content

blogue deadmin

TARDES DE HORTO EN FAMILIA

DÍA DA PAZ 2024

MANDADIÑOS DO MECO 2024

TEMOS NOVO MOBILIARIO NO PATIO

Hoxe estreamos novo mobiliario no noso patio grazas á Fundación Érguete  @funderguete e ao alumnado do @cifp_paseodaspontes e do CEE Nosa Señora de Lourdes de @aspronaga encargados da súa instalación.

Contamos con dous bancos na zona verde que de seguro nos darán moitas posibilidades de uso e disfrute.

E tamén instalaron unhas àrbores decorativas na zona de E.Infantil e casiñas de paxaros que darán moito xogo, especialmente aos máis pequenos!

FINALISTAS DO RETO "FAIME RIR, 2024"

 

En Visma somos ben chistosos. Mirade que ben o fan as nosas e os nosos finalistas.

  •  Infantil

Iria de 6º EI B

Noa de 5º EI A

Maia e Lúa de 6º INF A

  • 1º ciclo de Primaria

Iván 2ºA

Nuno 1ºB

Valeria 2ºA

  • 2º ciclo de Primaria

Argentina 4ºB

Helena 4ºB

Enma 4ºA

  • 3º ciclo de Primaria

Pedro 6ºA 

Manuela 5ºA

Pablo 5ºB

FELICES FESTAS

Toda a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma quere desexarvos unhas moi felices festas e un próspero aninovo a través da interpretación desta panxoliña, "Festexando o Nadal", que fixemos con tanto cariño e paixón. Dándolle un click á imaxe, podedes ver o resultado do noso traballo.

¡¡Agardamos que o 2024 veña cargado de momentos moi felices para todos e todas!! 

 

 

 

VISITANDO AOS NOSOS MAIORES

Estes días estivemos visitando os centros de maiores do noso barrio. Con toda a ilusión do mundo fomos ata a residencia Padre Rubinos a ao centro de día "La Hera", para cantarlles unhas panxoliñas que levamos ensaiando desde setembro.

Foi unha experiencia moi enriquecedora para nós e para eles á vez que femosa

Preme na imaxe.

 

PANXOLIÑA EN LINGUA DE SIGNOS

Luisa e Paula, as compañerias intérpretes en lingua de signos, fixeron esta marabillosa panxoliña para felicitar as festas a toda a comunidade educactiva de San Pedro de Visma.

Un gran traballo, cheo de inclusión e igualdade.

Preme na imaxe para velo.

 

  

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O pasado 3 de decembro celebrouse o "Día internacional das persoas con discapacidade". Ao día seguinte visitou "o seu centro" Álvaro, acompañado da súa batería e e do seu caixón flamenco. E dicimos o "seu centro" porque Álvaro foi alumno de San Pedro de Visma, polo que quixo agasallar aos nenos e nenas coa súa música.

Álvaro amosunos que con esforzo, ilusión e motivación podemos lograr grandes cousas.

Desde San Pedro de Visma aducamos aos nosos nenos e nenas para  que constrúan unha sociedade o màis accesible, inclusiva e xusta posible.

Preme na imaxe para ver o que aconteceu.

 

 

7 DE DECEMBRO, DÍA NON LECTIVO

Tal e como se recolle na Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, o xoves 7 de decembro é día non lectivo, polo que non haberá clase.

Distribuir contido


by Dr. Radut