Skip to Content

Blogues

Proxectos 1º trimestre

Temos Talento 23

Festexando o Nadal

As mozas do coro

Álvaro é SPV!

FELICES FESTAS

Toda a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma quere desexarvos unhas moi felices festas e un próspero aninovo a través da interpretación desta panxoliña, "Festexando o Nadal", que fixemos con tanto cariño e paixón. Dándolle un click á imaxe, podedes ver o resultado do noso traballo.

¡¡Agardamos que o 2024 veña cargado de momentos moi felices para todos e todas!! 

 

 

 

VISITANDO AOS NOSOS MAIORES

Estes días estivemos visitando os centros de maiores do noso barrio. Con toda a ilusión do mundo fomos ata a residencia Padre Rubinos a ao centro de día "La Hera", para cantarlles unhas panxoliñas que levamos ensaiando desde setembro.

Foi unha experiencia moi enriquecedora para nós e para eles á vez que femosa

Preme na imaxe.

 

PANXOLIÑA EN LINGUA DE SIGNOS

Luisa e Paula, as compañerias intérpretes en lingua de signos, fixeron esta marabillosa panxoliña para felicitar as festas a toda a comunidade educactiva de San Pedro de Visma.

Un gran traballo, cheo de inclusión e igualdade.

Preme na imaxe para velo.

 

  

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O pasado 3 de decembro celebrouse o "Día internacional das persoas con discapacidade". Ao día seguinte visitou "o seu centro" Álvaro, acompañado da súa batería e e do seu caixón flamenco. E dicimos o "seu centro" porque Álvaro foi alumno de San Pedro de Visma, polo que quixo agasallar aos nenos e nenas coa súa música.

Álvaro amosunos que con esforzo, ilusión e motivación podemos lograr grandes cousas.

Desde San Pedro de Visma aducamos aos nosos nenos e nenas para  que constrúan unha sociedade o màis accesible, inclusiva e xusta posible.

Preme na imaxe para ver o que aconteceu.

 

 

7 DE DECEMBRO, DÍA NON LECTIVO

Tal e como se recolle na Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, o xoves 7 de decembro é día non lectivo, polo que non haberá clase.

Distribuir contido


by Dr. Radut