Skip to Content

BOLSAS COMEDOR PARA O CURSO 2023-24

O Concello de A Coruña publicou no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de bolsas comedor para o curso 2023-24.

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 13 de marzo ao 12 de abril, ambos incluídos.
  • Presentación de solicitudes: nos rexistros municipais (con cita previa), no rexistro telemático da sede electrónica municipal ou en calquera dos outros previstos no artigo 16.4 la Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este ano o Concello organizará entre o 15 e o 24 de marzo charlas informativas nos centros cívicos sobre as bolsas comedor. No Centro Cívico dos Pescadores será o 24 de marzo ás 10:00.

Amplía a información e accede á documentación para facer a solicitude premendo AQUÍ.



page | by Dr. Radut