Skip to Content

abalarMÓBIL. APP para a comunicación familia - escola

 

AbalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida e recibir información do colexio.

¿Que información se pode consultar a través de abalarMóbil? Destacamos as seguintes:

  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
  • Consultar as cualificacións do neno ou nena.
  • Recibir mensaxes importantes do centro ou do profesorado.
  • Acceder á mensaxería de abalarMóbil, que é unha nova funcionalidade que tén como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables do alumnado, ou entre o profesorado e este.

AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.

A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Google Play Store (se o sistema operativo é Android).
 
 
Ligazón para a descarga de abalarMóbil en dispositivos Huawei 
 

 

Consulta os titoriais e toda a información en https://espazoabalar.edu.xunta.gal/abalarmobil

 

MANUAL BÁSICO PARA AS FAMILIAS PREMENDO AQUÍ (elaborado polo centro)

 



blog | by Dr. Radut