Skip to Content

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA EN MARÍA PITA

O 21 de abril a Educación Física estivo de festa. Os nenos e nenas de 4º de primaria xuntáronse en María Pita cos alumnos e alumnas do CEIP Curros Enríquez, CEIP Víctor López Seoane, CEIP Novo Mesoiro e CPR Salesiano para dar visibilidade a área de Educación Física e a súa importancia para o desenvolvemento físico e psíquico das persoas.

Este ano os protagonistas foron os deportes alternativos, Datchball, Kin-Ball, Rugby Tag e Noqball.

O pasamos xenial neste día de festa e convivencia.

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Día da EF na rúa María Pita


album | by Dr. Radut