Skip to Content

CLAUSURA DA ACTIVIDADE "O LÍMITE DA CIDADE"

 

 O día 5 de abril, os alumnos e alumnas de 6º clausuraron a actividade realizada na antiga aldea de San Pedro de Visma coa colaboración da Universidade da Coruña (Facultade de Arquitectura) e a biblioteca Ágora. A actividade leva como título "O límite da cidade" e pódese ver a exposición da mesma na biblioteca Ágora.

Nesta clausura participou Xurxo Souto que, coma sempre, abre o noso mundo a aspectos da cidade que non son tan coñecidos. A costa da Coruña xa case non ten segredos para nós. Grazas Xurxo, eres unha" forsa" da natureza.

Teclea nesta páxina e poderás acceder as conclusións sobre esta actividade: https://olimitedacidade.wordpress.com/   

 (máis fotos)

 

8 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO

Celebramos este día con unha actuación na hora do recreo, mostra  do arte e da  alegría que caracteriza a este antigo pobo. Moitas grazas aos nenos e nenas pola súa colaboración.

DÍA DA ÁRBORE 2016

NOVAS

NOVO NÚMERO TELEFÓNICO DO CENTRO.

INFORMAMOS DO CAMBIO DE NUMERACIÓN PARA POÑERSE EN CONTACTO CO NOSO CENTRO

FIXO 881960787   / FAX: 881960789

COLABORACIÓN CO ÁGORA E CA UDC

 

 

Os alumnos e alumnas de 6º A e B participaron nunha actividade proposta pola Facultade de Arquitectura da UDC e a biblioteca Ágora. A actividade estaba centrada no estudo da infuenza das actividades humanas no urbanismo. Foi unha mañá moi productiva estudando e experimentando o urbanismo do noso entorno: San Pedro de Visma.

DESFILE ENTROIDO

 

Os alumnos/as desfilaron polo patio e os nen@s de 6º de primaria realizaron os espectáculos:

  •   Cantares de cego
  • Ÿ  Danza medieval
  • Ÿ  Ritual de vasalaxe e mesa redonda
  • Ÿ  Torneo de cabaleiros

 

 

TALLERES ENTROIDO

 

 

       A Idade Media foi a temática escollida este ano para o Entroido.  Os alumnos de infantil foron de panadeiros, oleiros e heraldos. Os de primaria de cabaleiros, carpinteiros, cambistas, zíngaros, escribáns e feirantes. O venres realizáronse distintos talleres  e, ao rematar,  tomamos as filloas, orellas e rosquillas que trouxeron da casa.

HAPPY VALENTINE´S DAY

CELEBRA CONNOSCO O DÍA DE SAN VALENTÍN.

ESCRIBE UNHA MENSAXE PARA AMIGOS OU AMIGAS, COMPAÑEIROS/AS, MESTRES OU MESTRAS OU CALQUERA OUTRA PERSOA QUE QUEIRAS.

NÓS LEERÉMOLA NA RADIO.

GRAZAS POR PARTICIPAR!!

Horta SPV 2015-2016

DÍA DA PAZ

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

 

Hoxe, todo o alumnado e profesorado saíu ao patio para conmemorar o DÍA DA PAZ. Interpretamos a canción "Bajo el mismo sol" de Álvaro Soler e Jennifer López.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut