INFORMACIÓN
Lg. CORÓN, 112
36629 VILANOVA DE AROUSA
Teléfono conserxería: 886.151.892
Teléfono dirección: 886.151.891
ceip.sanroque@edu.xunta.gal
HORARIO:
de 09:35 a 14:35
MADRUGADORES/AS:
de 07.30 a 09.35
COMEDOR:
de 14.35 a 16.30
*** AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/2025
Estimadas familias, informamos de que se publicou a Orde que regula o Fondo Solidario de Libros de Texto e axudas para material escolar.
Poden presentar a solicitude vía electrónica mediante a aplicación fondolibros (pulsa para acceder) ou de xeito presencial, presentando o impreso debidamente cumprimentado xunto coa documentación requerida.
Os impresos poden pedilos no centro ou descargalos AQUÍ. O prazo de presentación remata o MÉRCORES 21 DE XUÑO.
A renda a ter en conta é a do ano 2022
Documentación a presentar:
- Anexos I e II debidamente cumprimentados
- Fotocopia do Libro de familia onde figuren o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar
- Fotocopia do DNI (se se opón á consulta)
- Declaración da renda do 2022 (se se opón á consulta)
- Certificación de discapacidade (se é o caso)
- Percepción de pensión por incapacidades (se é o caso)
- Sentencia xudicial de divorcio (se é o caso)
- Volante de convivencia (se o solicitante carece de DNI e Libro de familia)
- OUTROS: violencia de xénero, incapacitación, garda ou tutela da Xunta de Galicia...
1º e 2º de Primaria: Vale para libros de Texto e vale para material escolar
- Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €.
- Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €.
3º e 4º de Primaria: Fondo de libros de texto e vale para material escolar
- Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.
- Alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto.
5º e 6º de Primaria: Vale para material escolar. Nestes cursos non hai libros de texto por ser EDIXGAL
A contía da axuda para adquirir material escolar:
- Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 75 €.
- Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €
Máis información nas páxinas web:
*** Listaxe definitiva alumnado admitido curso 2024/2025
Infórmase de que foron admitidas todas as solicitudes presentadas durante o período de admisión para 4º Educación Infantil e para 1º de Educación Primaria.
As listas pódense consultar de forma:
- Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
- Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.
Comunicarase o prazo de apertura de formalización de matrícula e a documentación que deberá ser presentada cando se dispoña da información.
*** PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025
Clic sobre este enlace: Información sobre a admisión alumnado
*** 2024
O claustro do CEIP Plurilingüe de San Roque deséxalles a toda a comunidade educativa un bo ano 2024.
*** RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2023
Repoluga elaborou unha lista de libros recomendados para ler ou para agasallar neste Nadal.
Na lista recóllense unha serie de libros escritos por O Hematocrítico, Miguel López, que naceu na Coruña en 1976. Foi profesor de educación infantil, inglés e primaria, creador de contidos, escritor, podcaster..., e que faleceu o 27 de novembro de 2023 á temperá idade de 47 anos. Visitou o noso centro nalgunha ocasión.
*** CAMPAÑA RECOLLIDA DE ALIMENTOS E PRODUTOS DE HIXIENE
Do 11 ó 15 de decembro o noso centro colaborou ca asociación "Doamos e axudamos" a recoller alimentos e produtos de hixiene.
Damos as grazas a todos e todas que fixeron unha doación.
*** INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA A RITMO DE "RAP"
As/os maiores do CEIP Plurilingüe San Roque compoñen a letra e editan este video "molón" para presentar a todo o centro as normas de funcionamento da nosa Biblioteca.
Grazas pola vosa implicación.
Felicidades fixéstedes un gran traballo.
Presentación por parte do alumnado de 6º de Educación Primaria ó alumnado de 6º de Educación Infantil do funcionamento da biblioteca.
*** CALENDARIO ESCOLAR 2023-2024
O días non lectivos no noso centro son:
- LUNS 15 DE XANEIRO 2024
- LUNS 20 DE MAIO 2024