Iniciar sesión: Acceso

Un "cole" con encanto.

Edificio Infantil

BENVIDA AO CURSO 2011-12

O calendario deste novo curso escolar recolle que:
-O periodo lectivo irá dende o 12 de setembro ata o 22 de xuño.
-As vacacións de Nadal, dende o 22 de decembro ata o 8 de xaneiro, ambos incluídos.
-O Entroido, o 20 - 21 e 22 de febreiro.
-A Semana Santa, do 2 ao 9 de abril.

O Día do Ensino será este curso o 31 de outubro.

Un dos dous días non lectivos que corresponden por lei é 

-o 13 de decembro, festividade de Santa Lucía no Concello de Boiro, e o outro

-o 18 de maio, posterior á Conmemoración das Letras Galegas.

ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2012 / 13

4º EDUCACIÓN INFANTIL:

BLANCO VÁZQUEZ, FÉLIX

CASTRO LOJO, UXÍA

DAHMANI FERNÁNDEZ, NAIMA

FERNÁNDEZ LORENZO, ANXO

FERNÁNDEZ TOUCEDA, ANDRÉS

GARCÍA CERQUEIRO, LUCÍA

GARCÍA VILA, ATALIA

GONZÁLEZ PIÑEIRO, LUÍS

HERMO RODRÍGUEZ, ADRIÁN

HERMO VILA, ELOY

MAGÁN SIEIRA, ROI

OLIVEIRA TOMÉ, UXÍA

PLACES ROMERO, JUNIOR MANUEL

SÁNCHEZ MORA, CARMEN

SIEIRA KOWALCZYK, NATASHA

SUÁREZ FERREIRÓS, MANUEL

COÑECENDO A PROFESIÓN DOS MARISCADORES

14/05/2012 - 00:29
Etc/GMT+2

Ese é o título da charla que o mariscador Agustín Rivas Río impartirá sobre a profesión que desempeñan moitos dos pais e nais do Centro e da xente da parroquia crucense.

Terá lugar hoxe,  ás 16:00 h. na biblioteca do Colexio.

Esta actividade está enmarcada dentro da programación da Semana Cultural.

PROGRAMACIÓN IV SEMANA CULTURAL

09/05/2012 - 00:00
16/05/2012 - 00:00
Etc/GMT+2
MÉRCORES, 9

INAUGURACIÓN da Semana Cultural e da Exposición adicada AO MAR E Á NOSA RÍA, á cargo de J. José Dieste, Alcalde de Boiro e Mª José Lorenzo, concelleira de Educación.

O armador Antonio Saborido impartirá unha charla sobre o mundo da pesca.

IV SEMANA CULTURAL: "A NOSA RÍA, O NOSO MAR"

Co fin de consolidar unha proposta anual consistente na programación dunha "Semana" adicada a algún aspecto relevante da cultura galega e, en especial, do patrimonio cultural do noso Concello, programamos a IV Semana Cultural, adicada este ano ao Mar.

Pretendemos relacionar a actividade empresarial desenvolvida por Valentín Paz Andrade, persoeiro ao que se lle adican este ano as Letras Galegas, co ámbito económico máis importante do noso Concello: o mar e os oficios e as empresas que del se derivan.

VISITA DE ABRAHAM CARREIRO

21/03/2012 - 00:00
Etc/GMT+2

Coñeciamos ao pai e agora tocábonos coñecer ao fillo. Fai uns anos estivo con nós Pepe Carreiro, o autor que tantas historias nos fixo vivir cos Bolechas. Deixounos unha impresión magnífica, un recordo marabilloso. 

O mércores, 21, visitou o noso Cole Abraham Carreiro. Con "Latcho Drom" e con "Xoeliki" pasamos moi bos momentos, pero con el aprendimos que a constancia e o esforzo son piares básicos do éxito. Magnífico, Abraham!

 

CHARLA "HIXIENE BUCO-DENTAL"

09/03/2012 - 00:00
Etc/GMT+2

O coñecemento  da propia boca, o nome dos dentes, o seu número, as moas, cando nacen, cando soe empezar a visita do ratiño Pérez....O super, super-importante que é cepillar os dentes tres veces ao día, cómo cepillarnos, o uso do fluor...O perigo de comer moitas chucherías....Ata cando usar o chupete, pasar do biberón aos alimentos masticados... Cando debemos facer a primeira visita ao dentista...

PRAZO DE SOLICITUDE DE PRAZA

09/03/2012 - 00:53
Etc/GMT+2

Ata o 10 de abril atópase aberto o prazo para solicitar praza no Centro. Toda a documentación relativa ao proceso de admisión de alumnos en Centros Públicos está exposta no taboleiro de Conserxería. O impreso de solicitude pode pedirse na Secretaría ou na Conserxería do Colexio.

Distribuir contido