Baile fin de curso: 1º e 2º de ed.primaria

Andaina/Ruta deportiva. Día do Medio Ambiente

Para conmemorar o Día do Medio Ambiente, todo o alumnado e profesorado do centro realizou unha andaina e/ou ruta deportiva en bicicleta pola contorna da vila. Culminou coa visita á Aula da Natureza da Fonsagrada, por tratarse dun fermoso enclave natural. Neste espazo verde, rodeado de natureza, realizamos diversas actividades de convivencia que incluiron  xogos variados e unha merenda grupal.

Gustaríanos agradecer  especialmente a Nuria e a Quique, a súa colaboración e implicación nesta actividade deportiva. Aquí vos deixamos mostra da xornada.

PATIOS DINÁMICOS EN ACCIÓN!

Durante este curso escolar foi posible ampliar e diversificar as zonas de xogo xa existentes nos tempos de lecer, ao incorporar un abano diverso de  novos xogos pintados no chan:o twister, un campo de chapas, unha portería multifunción, o xogo do tres en raia, e un circuíto deportivo. A música e o baile tamén foron gañando paulatinamente protagonismo.

Salientar que a creación da figura d@ encargad@ de material semanal, contribuiu a potenciar entre os discentes un uso responsable e eficiente dos diferentes materiais de xogo que se empregaban por cursos durante os recreos. Aquí vos deixamos mostra dos patios dinámicos en acción!. 

Visita a Ribadeo. Programa Aliméntate Ben: "Ti si que es un bo peixe"

Mostra das actividades desenvoltas durante a visita a Ribadeo do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de ed.primaria, e enmarcadas dentro do programa de alimentación saudable: Aliméntate Ben, baixo o lema: "Ti se que es un bo peixe".

Letras Galegas 2022

Aquí vos deixamos unha mostra das diversas actividades realizadas este curso para conmemorar o noso Día das Letras Galegas e homenaxear ao autor Florencio Delgado Gurriarán, a quen se lle adican este ano. O baile e a diversión acompañaron tamén esta fermosa xornada!.

Letras Galegas 2022. Actuación do grupo: Antaruxas e Sorteiros

Na xornada de celebración das Letras Galegas, puidemos gozar tamén da compaña de  antigos alumn@s integrantes do Grupo musical "Antaruxas e Sorteiros", que nos deleitaron co baile da canción de "Terra", do grupo Tanxugueiras, así como con outras pezas tradicionais galegas. A súa visita fíxonos mover o esqueleto a tod@s e gozar do noso rico folclore popular.

CONVOCATORIA AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2022 - 2023

Ábrese  o prazo para participar no fondo solidario de libros de texto e recibir axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2022 - 2023.

Orde do 29 de abril de 2022 (DOG 18 de maio de 2022).

Anexo I e II.

Resumo da orde.

Comunicado ás familias

Enlace á sede electrónica.

Enlace á aplicación fondo libros.

Día Internacional contra o Acoso Escolar

Aquí vos deixamos unha mostra das actividades realizadas no centro para conmemorar o  Día Internacional contra o Acoso Escolar, co obxectivo de concienciar ao alumnado da necesidade de erradicar calquer forma de acoso escolar.

Excursión á "Aldea das Formigas", en San Clodio

O pasado 9 de maio realizamos unha excursión a Lugo para gozar dunha sesión de cine, e seguidamente visitamos San Clodio para coñecer a famosa "Aldea das Formigas", un fermoso e singular espazo de creación onde o emprego de materiais reciclados e a creatividade impregnaban cada recuncho. Aquí unha pequena mostra desta experiencia! .

Aliméntate Ben: Charlas informativas

A través do Programa "Aliméntate Ben" que se desenvolve no centro, realizáronse recentemente varias actividades informativas para concienciar sobre a importancia de adquirir hábitos alimenticios óptimos:

- O día 4 de marzo, asistiu un nutricionista ao colexio para explicar ao alumnado de ed. primaria a relevancia dunha correcta alimentación, e pautas para elaborar almorzos saudables.

- O día 29 de marzo, tivo lugar unha charla no centro dirixida, neste caso, aos proxenitores, e enfocada a concienciar e achegar propostas para crear pratos saudables nos fogares.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra de ambas xornadas informativas.

Distribuir contido