DENDE O CEIP PLURILINGÜE SANTA MARIÑA FACEMOS PÚBLICAS AS VACANTES CARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2024/25
O PERÍODO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 24-25 TRANSCORRE DENDE O 1 AO 20 DE MARZO.
HAI QUE ENTREGAR NO CENTRO O SEGUINTE FORMULARIO CUBERTO E ASINADO.
ACHEGANDO TAMÉN FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA.
MODELO ED550B
Dentro das dinámicas do PDI "GALICIA SOMOS NÓS", adicado ao coñecemento da nosa terra, gustaríanos contar coa vosa participación, sempre e cando dispoñades do tempo suficiente para achegarvos á escola.Solicitamos a colaboración de persoas que teñan algún tipo de destreza,/habilidade/fortaleza relacionada cun oficio artesanal, enténdase: vimbias, costura, coiro, madeira, barro, palillado, bisutería/accesorios, etc. Igualmente poderán achegarse nais e pais que queiran axudar na xestión e coordinación das actividades a desenvolver.Moitas grazas.