Skip to Content

Secretaría

PRAZO DE ADMISIÓN DO 1 AO 21 DE MARZO DE 2022

Calquer dúbida, podedes chamarnos ou visitarnos

PROCLAMACIÓN NOVAS INTEGRANTES NO CONSELLO ESCOLAR

En Santiago de Oliveira, celebradas as eleccións ao Consello Escolar,

1.-Faise pública para xeral coñecemento a presente proclamación de representantes de pais/nais de alumnxs do Consello Escolar 2021:

 

NOELIA ESTÉVEZ FERNÁNDEZ

ROSA DIÉGUEZ GONZÁLEZ

CANDIDATURAS E COMPOSICIÓN MESA ELECTORAL ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 23-11-21

En Santiago de Oliveira, reunida a Xunta Electoral, infórmase dos seguintes puntos:

1.-Faise pública para xeral coñecemento a presente proclamación de candidatos de pais/nais de alumnxs:

 

NOELIA ESTÉVEZ FERNÁNDEZ

ROSA DIÉGUEZ GONZÁLEZ

ALEJANDRA SANMARTÍN CARRERA

 

2.-Efectúase o sorteo de membros titulares e suplentes que formarán as mesas electorais.

 

TITULARES

SUPLENTES

 

ARGUELLES SEOANE MONTSERRAT

GIL RODRÍGUEZ SONIA

DOMÍNGUEZ DOMÍNGUEZ YAIZA

ÁLVAREZ MARTÍNEZ IVÁN

LÓPEZ ARGIBAY MÓNICA

ARGUELLES SEOANE CONSTANTINO

GIL CARBALLO VANESA

MARTÍNEZ SEOANE VERÓNICA

 

Recórdase que as eleccións realizaranse o próximo martes 23 de novembro de 16:00 a 18:00 horas.

CONVOCATORIA ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DOS PAIS/NAIS NO CONSELLO ESCOLAR

Mª ELIZABETH PREGAL POLLO, directora do centro e presidenta da Xunta Electoral en virtude do Decreto 92/1988, do 28 de Abril, segundo a nova redacción dada polo Decreto 324/1996 do 26 de xullo sobre eleccións de representantes dos pais/nais de alumnos,-as no Consello Escolar do centro e en nome da Xunta Electoral citada:

DISPOÑO a seguinte convocatoria de eleccións para celebrar de acordo con:

1-Todos os pais, nais e titores legais dos alumnos matriculados no centro, atópanse inscritos no censo electoral que se expón no taboleiro de anuncios.

2-Serán electores todos os pais, nais outitores inscritos no devandito censo.

3-Serán elixibles os,-as electores que presenten candidatura, de acordo coa seguinte normativa:

a)Presentación das candidaturas

-Prazo: ata as 13'30 h. do día 12 de Novembro de 2021.

-Lugar A dirección do centro

-Modo: Cubrir o impreso, que se dará na dirección do centro.

b)Proclamación dos candidatos

-O día 16 de Novembro exporase publicamente no centro e na páxina web

a lista de candidatos.

4-O acto electoral desenvolverase de acordo coas seguintes normas:

           a)Terá lugar no patio cuberto do centro o día 23 de Novembro dende as16h ata as 18h.

           b)O voto será directo, secreto e non delegable, acreditando a personalidade co D.N.I. ou outro documento que a Mesa Electoral xulgue suficiente.

c)A mesa electoral estará composta pola directora do centro que actuará como presidente e 4 pais/nais designados por sorteo entre os que non se presenten como candidatos, actuando como secretario o de menor idade e ós que se lles mandará a correspondente citación .          

5-Dado o número de unidades deste centro, procede elixir 2representantes; pola mesma razón, os electores deberán reseñar na papeleta de votación 2 candidatos,-as.

LISTAXE LIBROS CURSO 2021-2022

No documento adxunto podedes atopar a listaxe dos libros para o vindeiro curso

ÁBRESE O PRAZO DE SOLICITUDE PARA O FONDO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O PRÓXIMO CURSO 2021-2022

Prazo de presentación: Antes do 22 de xuño

Convocatoria: Orde do 6 de maio de 2021 (podedes atopar as instrucións nos documentos adxuntos)                       

Participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º,4º de EP. Os cursos 5º e 6º de EP están excluídos porque están incluídos no proxecto E-DIXGAL.

Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria.

Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º)

 Presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros(https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro.

 Documentación necesaria (podedes atopar so anexos nos documentos adxuntos ou solicitalos na secretaría do centro)

Anexo I debidamente cumprimentado.

Anexo II: Autorización dos membros da unidade familiar, agás o solicitante. Debido o cambio da normativa solicitarase tamén o consentimento expreso para a consulta da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas, ou a falta desta, o certificado tributario de imputación do exercicio 2019.

Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentencia xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da  custodia do/a menor.

ADMISIÓN DEFINITIVA DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

Infórmase que todas as solicitudes presentadas para o vindeiro curso están admitidas de forma definitiva

XORNADA VIRTUAL DE PORTAS ABERTAS

 

Anímate a formar parte da nosa familia!

 

VÍDEO XORNADAS PORTAS ABERTAS

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut