Skip to Content

Secretaría

CONCRECIÓN CURRICULAR

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE ADMISIÓN PROVISIONAL

Hoxe publícase a listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2024-2025.

Podedes acceder cun certificado electrónico en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado para ver a publicación.

O alumnado que solicitou praza para 4º de E.I, 1º de E.P, 4º de E.P, 5º de E.P e 6º de E.P foi admitido de forma provisional.

VACANTES CURSO 24-25

RESERVA ALUMNADO 6º DE EP NO IES DO BARRAL

Todo o alumnado que fixo a reserva no instituto obtivo praza 

Estas listaxes podedes consultalas polos seguintes medios:
1.- No taboleiro de anuncios do IES do Barral
2.- Entrando coa chave 365, certificado dixital o contrasinal de educación na aplicación de admisión: www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Unha vez dentro da aplicación deberán ir ao punto 2. solicitudes e dentro de solicitudes, as miñas solicitudes.

ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2024-2025

 

ADMISIÓN pódese facer a través da aplicación"admisiónalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)o formulario normalizado (ED550Bou de forma presencial na secretaría do centro onde terán a súa disposición o impreso de solicitude de admisión. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 1 de marzo e o 20 de marzo.

Só se poderá presentar a solicitude de admisión nun único centro, no caso de entregar en varios perderá os dereitos de prioridade que poidan corresponder.

DOCUMENTACIÓN QUE SE ENTREGARÁ NO CENTRO:

- Impreso de solicitude de admisión cuberto.

- Fotocopia da folla do libro de familia na que está inscrito a nena ou neno ou DNI do mesmo.

 

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS LOMLOE 2023/2024

4º EDUCACIÓN INFANTIL: Documento

5º EDUCACIÓN INFANTIL: Documento

6º EDUCACIÓN INFANTIL: Documento

1º EDUCACIÓN PRIMARIA: Documento

2º EDUCACIÓN PRIMARIA: Documento

3º EDUCACIÓN PRMARIA: Documento

4º EDUCACIÓN PRIMARIA: Documento

5º EDUCACIÓN PRIMARIA: Documento

6º EDUCACIÓN PRIMARIA: Documento

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL 2023-2024

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA DO 20 AO 30 DE XUÑO

Ábrese o prazo de matrícula do 20 ao 30 de xuño.

No adxunto podedes atopar o impreso de matrícula que debedes presentar cuberto xunto con:

Copia dos DNI dos proxenitores 

Copia do DNI do alumno,-a se o houbese

Copia do libro de vacinas

Copia da tarxeta sanitaria

2 fotos tamaño carné

 

LISTAXE LIBROS TEXTO CURSO 2023-2024

No arquivo adxunto aparecen os libros de texto para o curso 2023-2024.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

 PRAZO DE SOLICITUDE: do 20 de maio ao 21 de xuño, incluídos.

 

 

 

Aberto o prazo para solicitar as axudas de material e  libros para o alumnado que curse 1º, 2º, 3º e 4º o curso 2023-2024. O alumnado de 5º e 6º de primaria (E-dixgal) solicitará soamente a axuda de material escolar. As SOLICITUDES poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática fondolibros , descargando o impreso ou solicitalo na secretaría do centro.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut