Skip to Content

Secretaría

LISTAXE DE VACANTES CURSO 2021-2022

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O PRÓXIMO CURSO 2021-22

ÁBRESE O PRAZO DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO DO 1 Ó 22 DE MARZO

Nos documentos adxuntos podedes atopar toda a información detallada e os impresos de solicitude en galego e castelán.

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

O venres 13 de novembro publicouse no DOG a Orde do 6 de novembro pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria. De conformidade con esa Orde, todo o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar, será directamente beneficiario das máscaras. O resto do alumnado que NON foi beneficiario das axudas de material por diferentes circunstancias, pero pertenza a unha familia cunha renta per cápita igual ou inferior a 6000€, ou familias ás que lle cambiara a situación, deberán presentar solicitude a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta, no portal educativo ou na secretaría do centro. O prazo de solicitudes será ata o 27 de novembro incluido.

ENTREGA DOS VALES PARA A ADQUISICIÓN DOS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR DO VINDEIRO CURSO 2020-2021

Estimadas familias

Na próxima semana faremos entrega dos vales no seguinte horario:


Luns 6 de xullo


Martes 7 de xullo


10-11    1º de primaria

 

10-11    4º de primaria

11-12    2º de primaria


11-12    5º de primaria


12-13    3º de primaria

12-13    6º de primaria

 

 

Se non podedes vir recollelo firmade unha autorización tanto co voso nome  e DNI como da persoa á que autorizades a facelo.

As familias que teñades fillos-as en dous cursos podedes elexir a quenda e recollelos todos.

Todos os vales que non se recollan quedarán para entregarse en setembro.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020-2021

Na seguinte imaxe pódese consultar toda a información sobre os libros establecidos para os distintos niveis para o curso 2020-2021.

 

 

 

 

ADMISIÓN DEFINITIVA DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

Infórmase que todas as solicitudes de admisión presentadas están admitidas de forma definitiva

QUENDAS ENTREGA SOLICITUDE FONDO DE LIBROS E RECOLLIDA DE MATERIAL

 

Do 1 ó 5 de xuño organizaremos a entrega de solicitudes do fondo de libros e recollida de material que teñades no centro.

Cubride a solicitude seguindo as instrucións e revisade que estean todas as firmas no anexo de comprobación de datos.

No arquivo adxunto podedes atopar o horario establecido

ÁBRESE O PRAZO PARA A SOLICITUDE DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020-2021

PRAZO DENDE 20 DE MAIO AO 19 DE XUÑO, AMBOS INCLUIDOS.

Tedes toda a información na ligazón edu.xunta.es/fondolibros

Presentarase unha solicitude por familia onde se cubren os datos dos,-as fillos,-as que cursarán estudos no centro o próximo curso.

Podedes presentala na sede electrónica ou cubrir a solicitude e entregala presencialmente no centro. Para facer a entrega da solicitude e devolver os libros do fondo que teñades na casa estableceranse uns turnos por días e horas respectando as medidas sanitarias.

Enviaremos unha mensaxe por Abalar e publicaremos na web as quendas para facelo. Ese mesmo día levaredes o material dos vosos,-as fillos,-as que quedou no centro.

Nos arquivos adxuntos tedes os anexos para descargar e a información relativa da documentación a presentar. 

 

 

 

PREINSCRICIÓN INSTITUTO PARA O CURSO 2020-2021

A reserva de praza realizase de forma telemática. No seguinte enlace tedes as instrucións e o enlace para cubrir o cuestionario de 1º da ESO.

A próxima semana o departamento de orientación do instituto convocará a unha reunión telemática para ofrecer información xeral.

PREMER AQUÍ

REANUDACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2020-2021

O próximo luns 11 de maio reanúdase o proceso de admisión de alumnado. A data máxima para facer a solicitude é o 18 de maio. Podedes facelo de tres formas: presencialmente na secretaría do centro, dixitalmente na dirección edu.xunta.gal/admisiónalumnado firmando na sede electrónica, ou cubrila electrónicamente nesta mesma dirección e entregala no centro.

As familias que xa presentaron a solicitude non teñen que facer nada.

As novas datas son:

Presentación solicitudes de admisión: 11-18 de maio

Publicación listas provisionais: 5 de xuño

Publicación listas definitivas: 19 de xuño

Formalización de matrícula: 1-10 de xullo

No documento adxunto podedes atopar a publicación no DOG deste proceso

Distribuir contido


by Dr. Radut