Skip to Content

MAGOSTO 2020

Na primeira quincena do mes de novembro, conmemoramos o outono e o Magosto no colexio. Este ano foi diferente e fixemos diferentes actividades.

Na imaxe podes ver os arcimboldos de outono feitos polo alumnado de infantil e 1º.

O alumnado tamén recitou poemas, retahílas, cancións... sobre o outono e o magosto (Vídeo)

E por último o alumnado de 5º e 6º de primaria fixeron un recetario onde o ingrediente principal foi a castaña. O libro xa está dispoñible na biblioteca do cole. 

 

 



blog | by Dr. Radut