Skip to Content

DESPEDIDA DO CURSO

Ola, dende o Centro queremos enviar unha mensaxe cargada de optimismo e amizade e agradecervos o voso traballo e comprensión nestas últimas datas, tanto ás nenas e ós nenos coma ás familias. Picade na imaxe e mirade a sorpresa que dirixiu Mónica, esperamos que vos guste (tamén sae SusoSorriso).

RETO MÁXICO DENDE A BIBLIOTECA

O pasado día do libro dende a biblioteca propuxéronnos un reto máxico, ser científic@s!! Segundo o lema anual da biblioteca: "Maxia, nada é o que parece!, pedimos,  a vosa colaboración en forma de vídeos e a resposta foi magnífica! Mención especial para 3º de E.P.

Aquí os deixamos o enlace ao blog da biblioteca.

Todas estas iniciativas son por e para vós!

Moitas grazas, sodes xeniais!

Preme enriba de Broli

CORREOS ELECTRÓNICOS DO PROFESORADO

No archivo adxunto tedes os correos electrónicos do profesorado para calquera dúbida.

PREME NA IMAXE

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NO BLOGUE "O FARO DE SÁRDOMA"

Bos días, picade na imaxe e entrade nas interesantísimas actividades que nos propón o Equipo de Dinamización da Lingua Galega no seu blogue "O faro de Sárdoma". Este curso as Letras Galegas homenaxean a Ricardo Carvalho Calero.

 

AS VOSAS FOTOS MOVÉNDOSE NA CUARENTENA

Xa podemos saír a rúa, pero ata fai pouco tiñamos que quedar na casa. Pinchade no enlace para ver un pequeno montaxe coas vosas aportacións facendo exercicio na casa.

NOVO BLOGUE PARA O FOMENTO DO USO DO GALEGO. EDLG

ACHEGA DIFERENTES PROPOSTAS: MÚSICA, CURTAS DE VÍDEO EN GALEGO, XOGOS PARA REALIZAR NA CASA E MÁIS LIGAZÓNS DE INTERESE, CON RECURSOS NA NOSA LINGUA.

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!

PREME NA IMAXE

CONTO PARA O DESCONFINAMENTO DOS NEN@S

CONTO:  "EL OSO GOLOSO" QUE NOS NARRA COMO SAIR A RÚA OUTRA  VEZ. ESPARAMOS QUE VOS GUSTE!

NOVO BLOGUE DE RELIXIÓN!

AQUÍ TEDES A PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO QUE ASISTA AS CLASES DE RELIXIÓN!!

PREMA NA IMAXE

E AGORA O BLOGUE DE 1º

A PARTIR DE HOXE UTILIZAREMOS ESTE BLOGUE PARA COMUNICARNOS E PRESENTARVOS NOVAS PROPOSTAS PARA 1º !!

                                            PREME NA IMAXE

XA TEMOS DISPONIBLE O BLOGUE DE 3º

A PARTIR DE AGORA, PRESENTARANSE AS PROPOSTAS DE ACTIVIDADES NO NOSO NOVO BLOGUE DE 3º

PREMA NA IMAXE

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

PINCHA NA IMAXE PARA VER O CORTO "FLOAT",

UNHA FERMOSA HISTORIA.

 

 

 

 

 

XUNT@S PODEMOS!!

O profesorado do CEIP Sárdoma - Moledo elaborou este vídeo para darvos ánimos nestes momentos. Foi un vídeo feito con moito agarimo.

Agardamos que vos guste e pasedes un bo rato con el.

 

NOVO BLOGUE PROGRAMACIÓN, ROBÓTICA, E.F. E PSICOMOTRICIDADE

Ola!, neste novo Blogue poderemos seguir as actividades de Robótica e programación para 4º, 5º e 6º, así como actividades relacionadas coa Psicomotricidade e a Educación Física.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN - COVID 19

Dende o departamento seleccionamos estas orientacións do colexio oficial de psicólogas/os, para a xestión psicolóxica da cuarentena polo coronavirus ademais de contos como "ROSA CONTRA EL VIRUS" con orientacións previas de como explicar aos nenos e nenas porque estamos na casa, e,  "MONSTRUO DE COLORES. Coronavirus"  ...

Engadimos uns enlaces con moitos contos e cortos que poden gustarvos.

E por último, engadimos actividades que podedes facer en rede, actividades para afianzar a conciencia fonolóxica así como a discriminación auditiva e a comprensión de textos por edades con actividades divertidas para poder responder on line.

Moito ánimo dende o departamento de orientación e se necesitades calquera cousa, tedes os nosos correos no adxunto 1 !!

No adxunto 2, podedes ver a explicación/información  do Coronavirus en pictogramas-

Pinchade enriba de cada imaxe para acceder aos contidos.

 Moito ánimo e ata pronto!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut