Iniciar sesión: Acceso

PROCEDEMENTO E CALENDARIO DE ADMISIÓN CURSO 2024-2025

*O prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado novo para o curso 2024/2025 será do 1 ao 20 de marzo.

Para consultar as vacantes para o curso 2024/25 premer AQUÍ

As solicitudes poderán ser presentadas:

- PRESENCIALMENTE NO CENTRO (pode chamar ao teléfono 886 151 350 para concertar unha cita).

- TELEMÁTICAMENTE: na sede electrónica ou no aplicativo de admisión de alumnado (preme nas imaxes para acceder)

             

Para máis información relacionada con este proceso podedes picar no seguinte enlace: MANUAL DE AXUDA

O CEIP de Seixo, adscrito ao IES Chan do Monte, conta cos seguintes servicios complementarios (premer na imaxe para obter máis información):

* Premer AQUÍ para ler unha nota informativa sobre o proceso de admisión.

* Para consultar a área de influencia do CEIP de Seixo premer AQUÍ.

 * Normativa reguladora do proceso: Orde do 21 de outubro de 2022 e Decreto 13/2022 do 3 de febreiro.

INFORMACIÓN E VACANTES PARA O CURSO 2024-2025

Quedan publicadas as vacantes para o curso 2024-2025. En "arquivos adxuntos" publícase máis información sobre o centro.


 TAMÉN PUBLICADAS NO

TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO

SOLICITUDES CENTRO ADSCRITO CURSO 2024-2025

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO

- PRAZO:

Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro

- DIRIXIDO A…

Alumnado de 6º de primaria que queira continuar os seus estudos no noso centro adscrito:

IES CHAN DO MONTE

- PARA FACER A SOLICITUDE HAI QUE PRESENTAR…

  • O modelo ED550A debidamente cumprimentado en calquera unha das súas versións:

GALEGO

CASTELÁN

  • FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA

- ONDE PRESENTAR A SOLICITUDE?

Na secretaría do centro

Na sede electrónica

No aplicativo admisión alumnado

Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto co centro no teléfono 886 151 350

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 2023/2024

Aquí poderedes consultar as programacións didácticas para o curso 2023/24. 

Para acceder, premede na imaxe correspondente. 

 

 

 

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL 2023-2024

Premendo na imaxe accederedes á Programación Xeral Anual, aprobada o 10 de outubro de 2023 polo Clasutro e polo Consello Escolar, a cal foi enviada á Inspección Educativa o 11 de outubro de 2023.

CONCRECIÓN CURRICULAR

Aquí poderedes consultar a concreción curricular para o curso 2023/24. 

Para acceder, premede na imaxe.

PROCEDEMENTO DE REVISIÓN E RECLAMACIÓN DE NOTAS

Co fin de garantir o dereito do alumnado a unha avaliación obxectiva e a que o seu rendemento sexa valorado e recoñecido con obxectividade, facemos publica e accesible a información que explica o procedemento de revisión e reclamación de notas nas dúas etapas do centro: infantil e primaria.

Premendo na imaxe correspondente, segundo a etapa, accederase á información.

 

REUNIÓNS INICIO DE CURSO NAS DIFERENTES TITORÍAS

As reunións das diferentes titorías realizaranse OS SEGUINTES MARTES pola tarde, nas datas e horas indicadas:

MARTES 19 DE SETEMBRO:

  • 17 H: 2º de primaria
  • 17 H: 3º de primaria
  • 18 H: 6º de infantil (5 anos)

MARTES 26 DE SETEMBRO:

  • 17:30 H: 1º de primaria
  • 18:00 H: 5º de primaria
  • 18:30 H: 5º de infantil (4 anos)

MARTES 3 DE OUTUBRO:

  • 17:30 H: 6º de primaria
  • 18:30 H: 4º de primaria

INSCRICIÓN COMEDOR CURSO 2023-2024

Todas aquelas familias que esteades interesadas en inscribir ás vosas fillas e fillos no comedor escolar debedes prestar moita atención.

Picando na imaxe anterior accederedes a un pdf no que poderedes ver toda a información que nos facilitou a empresa ARUME (encargada deste servizo) con todos os pasos que debedes facer para inscribir ás vosas fillas e fillos no comedor escolar do vindeiro curso 2023-2024.

CARTA DA EMPRESA

Ante calquera dúbida que vos poida xurdir podedes chamar ao seguinte teléfono da empresa:

ARUME: 986 45 30 40

Ou ben contactar con PATRI, encargada na ANPA do comedor.

PATRI: 659 47 36 15

Distribuir contido