Skip to Content

Visita a Pontevedra

O venres 12 de abril, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria realizamos unha visita ao Museo de Pontevedra.   Foi do máis interesante é entretida. Por unha banda, o alumnado de 3º e 4º xogou a ser detectives, seguindo  unha serie de pistas foron quen de descubrir quen  “roubara un dos cadros do museo”. Por outra banda, o alumnado de 5º e 6º realizou unha interesante viaxe pola Prehistoria na que aprenderon un montón de cousas.  Dende o Museo convidaron aos rapaces e rapazas a volver visitar o Museo acompañados das súas familias, xa que aínda lle quedaron moitas salas por descubrir, a visita é gratuíta e realizan talleres e actividades para os rapaces e rapazas que poden consultar na súa páxina web.

Por último, realizamos unha visita guiada polo centro histórico da cidade na que descubriron os segredos e a historia das súas rúas, prazas e edificios máis emblemáticos. Dende aquí o noso agradecemento á Deputación de Pontevedra por facilitarnos á visita e o desprazamento ao museo e á Oficina de Municipal de Turismo de Pontevedra e, en especial, á súa guía Raquel que tan ben nos acompañou e explicou todo.

(pincha na imaxe para ver máis fotos)

Álbum: Curso 2023/2024 -> Visitamos Pontevedra


album | by Dr. Radut