Skip to Content

Información e circulares

02 maio - XORNADA NON LECTIVA

A todas as familias:

Lembrámoslle que o próximo venres 2 de maio non será día lectivo, tal como recolle a Programación Xeral Anual, polo que as clases se reanudarán o luns 5.

Un saúdo.

A dirección.

Roubo no Colexio

(A TVG cubriu esta nova.

Clicade na imaxe para ver o video)

ALERTA METEOROLÓXICA XOVES 6 FEBREIRO

06/02/2014 17:34
Etc/GMT

Xov, 06/02/2014 - 11:51 A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de

ALERTA METEOROLÓXICA VENRES 7 FEBREIRO

07/02/2014 00:24
07/02/2014 19:24
Etc/GMT

Xov, 06/02/2014 - 12:47 A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento- asuspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos da provincia da Coruña e na Mariña lucense a partir das 18 horas deste venres 7 de febreiro, por mor dun fenómeno meteorolóxico adverso por rachas de vento de máis de 100 quilómetros por hora, con nivel de alerta laranxa.

2º TRIMESTRE: XOVES 09/01/2014

09/01/2014 00:15
09/01/2014 14:15
Etc/GMT

O xoves 09 de xaneiro comezan as clases do 2º trimestre

deste curso 2013-14

MENSAXERÍA Abalar

Abalar móbil da Xunta é unha aplicación para descargar no móbil, ou tablet, que nos permitirá manter informadas ás familias, dun xeito cómodo, eficaz e gratuíto.

 

AXUDA para REXISTRARSE na APLICACIÓN:

 

A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Google Play Store (se o sistema operativo é Android). 
 
 
 
As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 
•Acceder aos datos persoais
•Consultar as cualificacións
•Consultar e xustificar as faltas de asistencia
•Consultar as faltas de conduta
•Solicitar unha cita de titoría
•Consultar os datos do centro educativo
•Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
•Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
•Modificar o idioma da aplicación
•Acceder á mensaxería de abalarMóbil, que é unha nova funcionalidade que tén como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables do alumnado, ou entre o profesorado e este.

REUNIÓN TRIMESTRAL COAS FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

17/12/2013 17:25
17/12/2013 18:25
Etc/GMT

Mañá martes 17

 temos a reunión trimestral coas familias de Educación Infantil nas aulas de cada titoría

XADREZ NA ESCOLA

04/12/2013 10:00
04/12/2013 11:00
Etc/GMT

Hoxe recibimos unha charla motivacional no noso Centro para achegar ao alumnado interesado á práctica do xadrez.

O pasado 15 de marzo de 2012 foi aprobado no Parlamento Europeo o Proxecto Chess in the Schools na cal recoméndase a introdución do xadrez no sistema educativo. Estamos falando de impartir o xadrez en horario lectivo, por expertos docentes. A Concellería de Educación do Concello de Vigo promove este plan de "Xadrez nas Aulas" , coa entidade "Xadrez Galego", onde se tentará traballar: concentración, memoria, razoamento, cálculo, toma de decisións e resolución de problemas.

DÍA DO ENSINO

31/10/2013 00:15
31/10/2013 19:50
Etc/GMT

REUNIÓNS COMEZO CURSO Educ. Primaria

01/10/2013 16:15
01/10/2013 19:00
Etc/GMT

O vindeiro, MARTES DÍA 1, celebraremos as reunións de comezo do curso cos pais/nais/titores do alumnado de Educación Primaria


1º ciclo (1º e 2º EP): 16,15 h

2º ciclo (3º e 4º EP): 17,15 h

3º ciclo (5º e 6º): 18,15 h

O MÉRCORES 11 INICIAMOS AS CLASES!

11/09/2013 00:00
11/09/2013 14:30
Etc/GMT

Benvidos!

O vindeiro mércores, 11 de setembro, ás 9:15h comezaremos as clases do presente curso 2013-14.

As familias están convidadas a acompañar aos rapaces á benvida das mestras no patio cuberto de Primaria, onde facemos as filas para entrar ás aulas. Xuntos compartiremos este inicio!Risa

 

COMEDOR:

Nos primeiros días a ANPA convocará unha reunión para explicar a nova lexislación e xestión de comedores. Ata ese día, a propia ANPA asume os custos do comedor que se reembolsarán posteriormente.

Grazas.

 

REUNIÓN INFANTIL

06/09/2013 11:22
06/09/2013 14:22
Etc/GMT

Benvidos!

O vindeiro venres, 6 de setembro, ás 11h da mañá faremos unha reunión coas familias de infantil na que se tratarán aspectos do comezo do curso.

CAMPAÑA BANCO DE LIBROS

Distribuir contido


by Dr. Radut