Proxecto ARCO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Pais/Nais

Sobreira Solidaria

 
 
 
 
 
 
 
 

 

Iniciar sesión

BECAS NEAE CURSO 2024-2025

Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Poderá solicitarse nos seguintes casos:

- Discapacidade igual ou superior ao 25%.

- TDAH asociado a discapacidade ou a trastorno grave de conduta.

- Trastorno grave de conduta.

- Trastorno grave da comunicación e linguaxe asociado a NEE

- Trastorno do espectro autista (TEA).

- Altas Capacidades Intelectuais.

O TDAH que non está asociado a discapacidade ou o trastorno grave de conduta e as dificultades de aprendizaxe de lectura e/ou escritura  (Dislexia) NON entran neste tipo de axudas.

Mantense a axuda complementaria de 400€ para as familias de alumnado con necesidade específica de apoio educativa.

PRAZO: do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024

DÍA DO LIBRO

O pasado martes 23 de abril conmemoramos o Día do Libro. Baixo o lema "Leituga por lectura" os nenos/as maiores fixeron, unha vez máis, de padriños/madriñas lectores dos máis pequenos. Aproveitando o bo tempo fixemos a actividade no espazo exterior e, ao rematar, os padriños e madriñas foron agasallados cunha leituga da nosa horta que con moito cariño lles entregaron os seus afillados e afilladas. Tamén houbo música, cancións e, sobre todo, benestar nesta xornada.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da xornada.

 

OS MONTES DE VIGO NA ESCOLA

O alumnado de 6º puido gozar dunhas xornadas coa comunidade de montes de Vigo.

Dende o cole queremos agradecer o traballo dos profesionais que viñeron a axudarnos coa actividade. 

Deixamos un pequeno vídeo resumo!

 

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2024-2025

Publicado no taboleiro interior do centro a LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO para o vindeiro curso académico 2024-2025

VALENTINE'S DAY

No mes de febreiro estivemos aprendendo e traballando sobre o amor e amizade. Nas aulas de arts o alumnado fixo fermosos traballos e tamén os máis maiores do cole fixeron un intercambio de postais.

Aquí tedes un vídeo para ver a exposición de traballos! 

Bye!!!

 

 

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

O 2 de abril é o Día Mundial do Autismo  e queremos visualizar esta importante causa para fomentar a conciencia sobre o trastorno do espectro autista.

O autismo é un desafío neurolóxico que impacta a comunicación, o comportamento e as habilidades sociais, pero nunca debe ser motivo de discriminación nin de exclusión.

Sorriso Abracemos o valor das diferenzas

Sorriso Naturalicemos a neurodiversidade.

 

8M - ROMPENDO BARREIRAS DE XÉNERO

Este venres 8 de marzo, Día Internacional da Muller, baixo o lema "Rompendo barreiras de xénero" acudiron ao cole mulleres cuxas profesións ainda teñen unha baixa presenza feminina.

Foi unha xornada moi enriquecedora, con charlas e videoconferencias que nos permitiron coñecer un pouquiño máis estas profesións (xeóloga, oceanógrafa, enxeñeira, compositora e pilota de avión) e as súas propias historias persoais. Damos as grazas a Gemma e Nieves, a Jessica, a Cristina, a Laura e a Paula polo seu tempo e polas súas amenas conferencias.

Aquí vos deixamos un vídeo da xornada.

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025

Presentación solicitude praza ordinaria (Nova admisión)

Curso 2024-2025

 DO 1 AO 20 DE MARZO (ambos inclusive)

Instruccións para a presentación da solicitude:

- Telemática

       ou

- Presencial no centro educativo indicado en primeiro lugar

POSTOS ESCOLARES VACANTES CURSO 2024-2025

POSTOS ESCOLARES VACANTES CURSO 2024-2025

  

NIVEL EDUCATIVO 

POSTOS VACANTES

4º Educación Infantil 

20

5º Educación Infantil 

1

6º Educación Infantil 

0

1º Educación Primaria 

0

2º Educación Primaria

0

3º Educación Primaria 

0

4º Educación Primaria

0 

5º Educación Primaria

0 

6º Educación Primaria 

0

 

23F - DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Un ano máis, co motivo da data do nacemento de Rosalía de Castro (23 de febreiro) rendimos homenaxe a esta maravillosa poeta.

Nesta ocasión confeccionamos un mural con preguntas e respostas sobre a escritora, recitamos algunha estrofa dos seus poemas máis coñecidos e o alumnado de 5º EP sorprendeunos cunha preciosa Alborada musicada e cantada. Aquí vos deixamos as evidencias da xornada.

ROSALÍA, O AMOR DA PATRIA GALEGA

ALBORADA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ADMITIDOS RESERVA DE PRAZA IES VALADARES

TODO O ALUMNADO QUE RESERVOU PRAZA NO IES ADSCRITO AO CENTRO (IES VALADARES) EN 1º ESO PARA O VINDEIRO CURSO ACADÉMICO 2024-2025 ESTÁ ADMITIDO

ENTROIDO 2024

O pasado venres 16 de febreiro celebramos o Entroido no cole. Aproveitando o programa de actividade física e hábitos saudables que estamos desenvolvendo no centro disfrazámonos das diferentes clases de alimentos da pirámide alimentaria. Uns foron de froitas, outros de legumes e hortalizas, outros de produtos lácteos e os mais maiores de alimentos proteicos. As nais da ANPA foron as cociñeiras e o noso Meco foi unha lambonada... Pasamos unha xornada con chocalatada, churros e outros produtos típicos desta data moi divertida!

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da xornada

 

11F- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe acudimos ao Museo Verbum para disfrutar do programa de actividades organizado polo Concello para celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Primeiro asistimos a conferencia da investigadora biomédica  da Universidade de Vigo e divulgadora científica Nuria Estévez Gómez e logo a unhos talleres prácticos científico-tecnolóxicos que lles encantaron a todos os alumn@s de 5º e 6º de Ed. Primaria. Foi unha xornada moi interesante.

Aquí vos deixamos un vídeo.

 

CONMEMORANDO O DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro conmemoramos o Día Internacional da Paz e Non Violencia.

Nesta ocasión decidimos participar no proxecto "Solidarios con África" (OAOA Tanzania 2023) e estamos moi satisfeitos da gran acollida que esta proposta tuvo entre toda a comunidade educativa. 

Para levar a cabo a actividade sensibilizamos ao alumnado ca causa (solidarizarse coa escola pública POLI PR en Tanzania para que os seus alumn@s poidan seguir asistindo a ela) e logo propuxemos un troco solidario á comunidade educativa (cambiar libros do espurgo da biblioteca por 1 € para aportar ao proxecto "Solidarios con África").

A proposta foi toda un éxito. Recaudamos casi 600€ que xa foron enviados ao proxecto. O obxectivo é reparar o teito da escola e construir uns baños. As evidencias chegararannos dentro duns meses.

Moitísimas grazas á comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares pola implicación!!

Aquí vos deixamos un vídeo da xornada.

XORNADAS PORTAS ABERTAS 2024

Xa temos preparadas as XORNADAS DE PORTAS ABERTAS. Serán os días 15 e 22 de febreiro ás 16:30 horas. Podedes pedir cita enviando un correo electrónico ou por teléfonoEn caso de non poder asistir estes días, poñédevos en contacto con nós para axendar outra cita. 

Estaremos encantad@s de ensinar o noso centro a todas as familias interesadas en coñecelo.