DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

O 2 de abril é o Día Mundial do Autismo  e queremos visualizar esta importante causa para fomentar a conciencia sobre o trastorno do espectro autista.

O autismo é un desafío neurolóxico que impacta a comunicación, o comportamento e as habilidades sociais, pero nunca debe ser motivo de discriminación nin de exclusión.

Sorriso Abracemos o valor das diferenzas

Sorriso Naturalicemos a neurodiversidade.

 

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NEAE PARA O CURSO 2020-2021

Convocadas axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o vindeiro curso 2020-2021.

Prazo presentación solicitudes no centro escolar: ata o 30 de setembro (inclusive). Imprescindible CITA PREVIA.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resumo da convocatoria.

AXUDAS

ACTIVIDADES DE REPASO PARA O VERÁN

 

Bos días!

Esta última entrada na web é para deixar unhas actividades para repasar as habilidades metalíngüísticas, tan importantes para adquirir a lectoescritura, así coma, actividades de comprensión lectora, discriminación auditiva

Esperamos que vos sexan de gran axuda!
Que teñades un bo verán!

Moitos bicos.

 

Orientacións para a estimulación da linguaxe oral

 

Aquí deixamos unhas pautas para a Estimulación da Linguaxe Oral na etapa de Educación Infantil.

Esperamos que vos sexa de axuda!

Unha aperta e feliz verán!

TRÁNSITO AO IES VALADARES

DIRIXIDO A TODO O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA QUE PROMOCIONA AO IES VALADARES

Aquí vos deixamos a presentación que vos proxectamos a semana pasada elaborada polo Departamento de Orientación do IES Valadares por si queredes volver a visualizala.

 Xa está publicada na web do IES o plazo de matrícula e as instruccións da mesma. Clicade nos seguintes enlaces para acceder:

- Calendario de matrícula

 Os alumnos/as do CEIP Sobreira-Valadares teñen que formalizar a matrícula o día 1 de xullo de 2020 de 9:00 a 14:00 horas

Documentación para a matrícula: 2 fotos, fotocopia DNI, fotocopia libro de familia, tarxeta sanitaria, certificación académica e impreso de matrícula.

- Impreso de matrícula 1º E.S.O.

 

6 afiches descargables para inspirar a tus estudiantes en el ...

Moitísima sorte nesta nova etapa!!

 

MATERIAL AUDICIÓN E LINGUAXE

Nesta entrada deixamos unha proposta de actividades para estimular a linguaxe e a lectoescritura dende a casa.

A desfrutar!

 Preme na imaxe.

PAUTAS PARA FAMILIAS DE ALUMNADO CON TDAH E/OU TRASTORNO CONDUCTA

Guía de acompañamento a través de pautas para familias de alumnado con TDAH e/ou trastorno de conduta neste periodo de confinamento.

Guía elaborada pola Junta de Andalucía con recomendacións e recursos para as familias. Pincha na imaxe:

Guía para elaborar una estrategia de contenidos paso a paso | 4webs.es

 

CADERNOS DE DESARROLLO EMOCIONAL EN FAMILIA

Nesta entrada deixamos actividades variadas secuenciadas por niveis para fomentar o desarrollo emocional en familia. Hay propostas de contos compartidos, actividades para desarrollar a atención, pratos de merendas creativas, cortos de valor educativo, manualidades e experimentos con recursos da casa, xogos de mesa...

Merece a pena que lles votedes un vistazo porque están moi ben.

Educación Infantil

1º-2º Educación Primaria

3º-4º Educación Primaria

5º-6º Educación Primaria

COMUNICACIÓN EN ACCIÓN: LAS EMOCIONES SÍ IMPORTAN EN EDUCACIÓN

7 CONSELLOS PARA FAMILIAS ANTE SITUACIÓNS LÍMITE

Como consecuencia da situación que estamos vivindo, nalgunhas familias poden darse fortes discusións que poden chegar a derivar en momentos desagradables. Os motivos son moi diversos: estamos máis susceptibles psicolóxicamente, aínda que no nos demos conta, polo cambio das nosas rutinas e da nosa vida, non todas as persoas levan o confinamento do mesmo xeito, os nosos fillos/as poñen máis trabas para facer os traballos escolares...

Pinchade na imaxe para visualizar un vídeo moi cortiño con 7 consellos para axudarnos a xestionar ese tipo de situacións. Esperamos que vos sirva de axuda.

Consejos para el Campus de Verano - Escuela de Fútbol Lecop en ...

AUTOCONTROL EMOCIONAL

Ola a todos e todas! Hoxe deixámovos materiais e recursos para traballar o control das nosas emocións e sentimentos, algo que se pode facer en familia e que con seguridade aportará boas vibracións ao ambiente familiar.

O autocontrol emocional permítenos reflexionar e dominar os nosos sentimientos e emocións.

Os obxectivos que se pretenden alcanzar ao traballar o control emocional son os seguintes:

  • Facilitar estratexias para mellorar a autorregulación emocional.
  • Ensinar técnicas de relaxión, respiración e autocontrol.
  • Mellorar a tolerancia á frustración.
  • Ensinar estratexias para desenvolver o pensamento positivo.

BANCO DE ACTIVIDADES:

1. Meditación

Cómo axudar aos nenos/as a acougarse e relaxarse? Cómo lograr que se concentren no que fan? A meditación é unha ferramenta sinxela e eficaz, que se adapta perfectamente ás necesidades dos pequenos/as e pódelles achegar beneficios inmediatos.

TRANQUILOS Y ATENTOS COMO UNA RANA | ELINE SNEL | Comprar libro ...

Pica en cada ligazón para obter distintas meditacións:

1. Tranquilo y atento como una rana (10 min).

2. La ranita (4 min).

3. Atención a la respiración (10 min).

4. El ejercicio del espagueti (6 min).

5. El botón de pausa (4 min).

6. Primeros auxilios para sentimientos desagradables (4 min).

7. Un lugar seguro (6 min).

8. La fábrica de las preocupaciones (6 min).

9. Levantando la moral (4 min).

10. El secreto del corazón (5 min).

11. Buenas noches (6 min).

CÓMO EXPLICAR AOS NENOS/AS QUE PODEN SAÍR DA CASA

Boas tardes e boas noticias para os nosos nenos e nenas!!

Como xa  sabedes, a partir do próximo domingo 26 de abril os nenos/as de ata 14 anos poderán saír da casa acompañados dun adulto a unha distancia máxima dun kilómetro durante unha hora ao día. 

Esta boa noticia leva consigo un acto grande de responsabilidade por parte dos pais/nais para que a medida se desenvolva exitosamente.

Deixámovos unhas guías que poden facilitarvos as explicacións e mensaxes que podedes dar aos vosos fillos/as. Pinchade nos seguintes enlaces:

- Guía de boas prácticas

- Instrucións

 - Cómo saír da casa

- Conto: Xa podemos saír a rúa!

- Conto con pictos: Superheroe con mascarilla

- Medo a saír da casa

DISFRUTADE A TOPE!!

PROPOSTAS PARA LER

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

Aproveitando que hoxe se celebra o día deses grandes amigos que nos sumerxen en aventuras inimaxinables, deixamos unha recopilación de libros dixitais e audiolibros que seguro os van gustar.

Clicade na imaxe:

Carteles y frases de animación a la lectura | Animacion a la ...