CIENCIAS DA NATUREZA (terceiro trimestre)

MÉRCORES 27/05/20

REMATAMOS!: ÚLTIMA PROPOSTA DO CURSO!

RETOS DE COMPAÑEIROS/AS.

FACEDE CLIC NA IMAXE E ACCEDEREDES A ELES: 

 

RETOS DE CIENCIAS FIN DE CURSO:

Gustaríame propoñervos que vos animedes a realizar algún dos dous retos (de aquí a fin de curso) que vos presento a continuación. Se alguén se anima pode facer os dous. Descargade o documento pinchando na imaxe:

File:11kks8z.gif - Wikimedia CommonsAVISO IMPORTANTE: TODOS AQUELES QUE QUEIRADES O ACCESO AO LIBRO DIXITAL DE SM DE CIENCIAS DA NATUREZA SOLICITÁDEME POR CORREO ELECTRÓNICO O NÚMERO DE LICENZA.

Se pinchades na seguinte carpeta accederedes a todas as tarefas propostas ata o momento: 

PUBLICACIÓNS ANTERIORES (fai clic en ler máis): 

VENRES 22/05/2020

Bo día rapazas e rapaces!

Aquí están as solucións sobre a actividade dos cinco reinos desta semana. 

 

SOLUCIÓNS REINOS 

MARTES 19/05/20

Bo día rapazas e rapaces!

A proposta desta semana é un pequeno repaso da clasificación do seres vivos (os cinco reinos):

O VENRES TEREDES AS SOLUCIÓNS PARA QUE POIDADES CORRIXILOS.

 

MARTES 12/05/2020

Bo día rapazas e rapaces!

A proposta desta semana é traballar cun texto científico sobre a biodiversidade e os ecosistemas. Primeiro debedes ler o documento e logo contestar as preguntas en QUIZIZZ (unha app parecida ao Kahoot):

TEXTO: A BIODIVERSIDADE E OS ECOSISTEMAS

ENLACE AO QUIZIZZ: CUESTIONARIO

 

MARTES 5/05/2020

 FAI CLIC: VIAXAMOS DENDE A CASA AO AQUARIUM DA CORUÑA

Dentro das ciencias hai moitas cousas que son especialmente importantes e a investigación é unha delas. Este tipo de tarefas son as que máis peso e valor teñen na materia de CIENCIAS DA NATUREZA. Por iso este tipo de propostas son moi recomendables para vós. Permítenvos traballar diferentes aspectos como a busca, a selección e a organización da información, aspectos moi importantes en 6º de E.P. Anímovos a que intentedes facelas:

Velaquí a proposta de investigación desta semana:

 

XOVES 30/04/2020

Suxerencia de posibles respostas da ficha sobre a alimentación saudable:

SOLUCIÓN ALIMENTACIÓN SAUDABLE

MARTES 28/04/2020

Bo día a todos!

Velaquí as tarefas que vos propoño esta semana:

      

 

VENRES 24/04/2020

Bo día rapazas e rapaces!

Como xa vos dixera o pasado martes, aquí tedes as solucións das tarefas desta semana. Xa sabedes que son orientacións, non teñen porque estar exactamente iguais:

SOLUCIÓNS: órganos e sistemas do corpo.

SOLUCIÓNS: niveis de organización dos seres vivos.

Mario comparte con todos nós unha actividade que fixo para o cole da súa nai: creación de pinturas con materiais caseiros: cúrcuma, tomate e perexil.

 

DÍA 22 DE ABRIL : DÍA DA TERRA

 TRABALLO VOLUNTARIO: Apetécevos elaborar un carteliño cun lema que fomente o coidado do noso planeta?. Podedes facerlle unhas letras chulas e ilustralo cuns debuxos. Despois enviádeo ao correo de sexto e farei unha montaxe de todos para compartila por aquí. Animádevos!

VAN CHEGANDO ALGÚNS!

 

MARTES 21/04/2020

Bo día rapaces e rapazas:

Esta semana propóñovos unha única tarefa repartida en dúas partes: a primeira ficha é para repasar OS ÓRGANOS E OS SISTEMAS DO CORPO HUMANO, a segunda para repasar OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN  DOS SERES VIVOS:

     

 

LEMBRADE ESTES CONSELLOS:

  

 

VENRES 17/04/2020

Bo día rapaces e rapazas:

Agardo que continuedes moi ben. Gustaríame felicitarvos polo esforzo que facedes e polo voso traballo nestas circunstancias Guiño. Valorámolo moito de verdade. Estanme a chegar ao correo moitas tarefas das que vos propuxen durante estas semanas e estou moi contenta de velas e de comprobar a vosa implicación. Se vos animades a facer algún experimento dos que vos propuxen e o queredes compartir cos demais tamén me podedes enviar fotos e preparo unha montaxe para que o poidades compartir cos compañeiros.

Como vos prometera o mércores, aquí vos deixo as solucións das dúas tarefas desta semana. É unha corrección orientativa non tedes porque tela igual, xa sabedes que hai varias formas de poñelo:

SOLUCIÓN MICROSCOPIO

 

SOLUCIÓN CÉLULA

 Pasade moi boa fin de semana. Unha aperta moi forte dende a distancia.Guiño

 

MÉRCORES 15/04/2020 

File:11kks8z.gif - Wikimedia Commons IMPORTANTE:  

a partir de agora contamos cun correo xeral ao que nos podedes enviar as vosas tarefas de todas as materias.

ceipsobreira.sexto@gmail.com

Bo día!

Continuamos repasando materia. Hoxe tócanos recordar o máis importante das células (lembrade podédela imprimir ou facela no caderno ou nun folio. Ten dúas páxinas):

 MARTES 14/04/2020

Hoxe propóñovos unha tarefa moi sinxela: elaborar unha "ficha técnica" dun microscopio. Trátase de que completedes os apartados. Podes buscar a información no libro e en internet. Xa sabedes que non é necesario imprimila, no voso caderno tamén se pode facer.