Museo MARCO-2º Ciclo

15/11/2012 10:00
15/11/2012 13:30
Europe/Madrid

 

 O alumnado do 2º ciclo desenvolverá unha actividade no MARCO.

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo ven de inaugurar a exposición A Balea Negra sobre a crise provocada polo accidente do buque Prestige o 13 de novembro de 2002, o mesmo día que se inauguraba o museo. Trata algunhas cuestións do noso tempo, como a explotación da Natureza, o comercio marítimo e a globalización.