Xogando: NOVOS XOGOS MATEMÁTICOS, MEMORIA , ETC.

XOGARRRRR

O xogo é  a actividade máis relavante dos rapaces nesta etapa educativa e nel deberían acontecer os avances, axustes e aprendizaxes.

Deixamos unha reflexión de Inma Matín sobre este tema.

 

PISTAS COLOREADAS

Tratase dunha carreira de coches na que xogaredes cos vosos fillos, cos irmáns, etc.  

A actividade consiste en tirar o dado, colorear a cantidade de ocos que sae no dado e despois anota o número debaixo. É importante facer fincapé en que os rapaces coloreen cada tirada dunha cor diferente para diferencialas ao finaliza a partida.

Faise como na oca en cada vez tira un xogador , anota na súa pista e pasa o dado ao da súa esquerda para que tire e anote . O xogo remata cando alguén cosegue rematr a carreira.

 

  

BINGO números ou letras

Recomendado para os rapaces de 4 ou 5 anos. As cantidades que forman parte do Bingo serán as que os rapaces coñecen ( ata o 10, ata o 20...)

podedes recomentar a os rapaces que preparen o seu cartón nun folio, que copien os números ou os escollan . 

 

 

A mesma actividade pode facerse con Letras. O bingo poderá ser só de vogais, as consonantes do seu nome, as letras dos nomes da casa..

AS LETRAS NA CASA

Podemos buscar xoguetes que comecen  por algunha letra, podemos poñer cronómetro e xogar con eles a ver quen atopa máis. 

 

XOGANDO COA ARTE

Podemos atopar diferentes actividades para xogar coa arte, atopar as cores, exercitar a motricidade fina e fomentar a creatividade.  

Caras de plasti e revistas           Pincel de spaguetti

             

 Flores 

            

 Bastoncillos                Amasando 

          

 

Maxia                             Kandinsky

              

 

 

NOVOS XOGOS

 

Bingo dos amigos

Facemos os cartóns cos nomes dos compañeiros e listo para xogar.

 

Pinzas divertidas

 

 

Facemos tablas con cartón oou madeira, debuxamos ou pegamos cores. Os  rapaces colocarán as pinzas da cor e a cantidade que marca a tabla. 

Carreira de persoaxes

 

Cun dado cada participamte móvese según a tirada.

 

Descomposición de números

 

Buscamos formas para conseguir un número, facemos agrupamentos que atopen o número. Aproximación á suma.

Pescando tapóns

 

Nun mar de tapóns tiramos o dado para ver cantos temos que pescar, rodeamos os que marca a tirada ata que non queden tapóns por pesca

Rotus confundidos

 

Cambiamos as tapas dos rorus e facemos unha foto co móvil. Despois os rapaces, a partir da foto,  poden tentar  conseguir os mesmos rotus confundimos que fixemos .

 

Culleres e garfos

Facemos ringleiras de tres ou catro culleres e garfos, facemos unha foto co móvil e desordenamos. Os rapaces deben tentar reproducir a ringleira que fixemos.

 

 

 Secando rotus

  

 

 

Adiviña animáis

 

Necesitamos:

  • Unha diadema.

    Se non temos, faremos unha con goma eva, cartolina… o que teñamos na casa.

  • Tarxetas de personaxes, transportes, obxectos, lugares… que adxuntamos aquí.

    Se non temos impresora, poderemos coller tarxetas dun memori que teñamos na casa, ou incluso coller post-it e facer un debuxo.

En que consiste o xogo?

Sen mirar, colocamos unha tarxeta na cabeza. Teremos que adivinar qué temos, facendo preguntas ós demais, pero estes so poden responder SI ou NON.