Bolos, Billarda e Chave.

O alumnado de 6º de educación primaria participou nunha actividade do programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar).

O Secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou a importancia dos deportes populares que son “parte da idiosincrasia de Galicia, parte fundamental da nosa cultura e da nosa tradición que debemos promover entre os máis novos para que sigan convivindo connosco durante moitos anos máis”.