@s alumn@s de 5º e 6º curso acudiron a Santiago de Compostela a participar no programa "Coñece as túas institucións" destinado a que o alumnando galego coñeza o funcionamento do Parlamento e da Xunta de Galicia. Foi una xornada moi enriquecedora e divertida!
O pasado 20 de novembro conmemoramos o Día dos dereitos da Infancia mediante a creación de diferentes "tweets" onde debiamos escribir unha frase relacionada con algún dereito e un debuxo que o ilustrase. Mirade o ben que o pasamos!
O 14 de novembro celébrase a Día mundial da diabetes coa finalidade de concienciar a todo o mundo sobre as causas e síntomas da mesma. O logotipo é un círculo azul cuxo significado é "Unidos pola diabetes". Pois así o fixemos, aquí tedes as nosas fotos.