Os dous proxectos realizados no colexio para o concurso Creando Rural foron premiados.
O alumnado de 4º e 6º de Ed. Infantil acudirá a granxa "Corazón de carballo"(Tomiño) o vindeiro 15 de maio. Alí os nenos e nenas realizarán diversas actividades relacionadas co medio rurale coa adquisición de valores implicados na convivencia, no traballo en equipo, na colaboración e o respecto.
E o alumnado de de 1º de Primaria acudirá a FervenzAventura (Silleda) o vindeiro 28 de maio. Este parque é unha combinación de aventura e natureza para aprender o valor da riqueza natural da contorna e a necesidade do seu coidado a través de actividades de educación ambiental e aventura.
Un ano mais, os equipos de Dinamización da contorna, organizaron a exposición de arte. Este ano estivo baseada na temática do Camiño de Santiago pola costa, que pasa pola nosa vial.
O alumnado de 4º e 6º de Ed. Infantil disfrutaron o pasado 15 de maio dunha excursión moi especial, visitaron a granxa Corazón de Carballo, en Tomiño, como premio do concurso "Creando Rural".Foi un día moi especial para tod@s!
O II Concurso de fotografía de Solanas, realizado este ano, tivo a temática "Eu no camiño de Santiago" e aquí podedes ver as fotografías participantes.
Para a celebración do Día Das Letras Galegas 2019 este ano tivemos en Solanas duas actividades: unha chocolatada á que nos convidou a ANPA e un concerto a cargo do grupo de pandereteiras Coiro Vello. Foi todo un luxo para nós disfrutar destas dúas actividades.
Esperamos que se poidan repetir en vindeiros anos!