Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Articles

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA. PLAN LÍA 3

 

O Plan LIA de bibliotecas escolares para a Lectura, a Información e a Aprendizaxe, pretende dar resposta ás necesidades de fomento da lectura no ámbito educativo.
 
 Este Plan LIA busca a integración de todas as actuacións da consellería a prol das bibliotecas escolares para a mellora das competencias de lectura, escritura e habilidades  investigadoras e de uso da información do alumnado galego.
 
O noso centro foi seleccionado no 2021 como centro de nova incorporación a este plan da Consellería de Educación.
 
Despois de un ano e medio de obras e mudanzas, conseguimos inagurar coa visita da Directora Xeral de Innovación Educativa, o Xefe Territorial de Pontevedra e Asesorías de Bibliotecas.
 
Grazas a todas as familias por asistir a nosa festa, foi un pracer para todo o profesorado compartir esta tarde con vos.
 
Preme nas imaxes para ver as fotos.
 
 
 RADIO TREBOADA ENTREVISTA A DIRECTORA XERAL DE INNOVACIÓN EDUCATIVA

O alumnado de 5º de Educación Primaria, entrevista en Radio Treboada a Directora Xeral de Innovación Educativa dona Judith Fernández Novoa.

Preme no seguinte enlace para escoitala: ENTREVISTA A JUDITH FERNÁNDEZ.

 

 


by Dr. Radut