Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

THANKSGIVING DAY 2022

O Día de Acción de Gracias (Thanksgiving Day) é un día para dar grazas polas cousas boas do ano.

O Departamento de inglés fixo uns murais cos bos desexos do noso alumnado.

DISECCIÓN DUN PEIXE EN CIENCIAS. 6º Primaria

O alumnado, como parte da súa materia de Ciencias da natureza, tiña que abrir un peixe para estudar as súas partes e completar un caderno de investigación.

Grazas a Bárbara por acompañarnos, un ano máis, e mostrarnos parte dos seus coñecementos dos peixes.

DÍA DA MÚSICA: 22 de novembro

A mestra de música ensinou ao seu alumnado a facer "música con froitas"

DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS: 20 de novembro

O 20 de novembro é o día adicado aos Dereitos dos nenos e nenas. Este ano cada titoría traballou na clase un dereito relacionado cun ODS: " OBXECTIVOS DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE E DEREITOS DA INFANCIA". 

Dende 3 anos a 6º de primaria traballaron: dereito a educación, a igualdade de xénero, a un mundo sostible. a paz, a unha alimentación saudable...

Nun acto xuntos mostramos ao resto de compañeiros e compañeiras o noso mural expositivo e o significado de cada dereito.

DIA DA DIABETES

O 14 de novembro é o Día da Diabete.

Mario e a súa nai ensinaron ao alumnado de Primaria coma é un día con esta enfermidade.

Moitas grazas por achegarnos o voso día a día coa diabete.

17de novembro: DÍA DE SMITH MAGENIS

O 17 de novembro é o Día de Smith Magenis. Este ano o alumnado de Solanas crea un vídeo ensinando porque este síndrome é considerado unha enfermidade rara.

 
 

MAGOSTO 2022

O 11 de novembro, Día de San Martiño, festexamos o magosto:

_ Papamos bocatas de chourizos e castañas.

_ Exposición oral de ditos, refráns e adiviñas galegas de outono.

_ Xogos populares.

GRABACIÓN PROGRAMA RADIO EMOCIÓNATE

Durante toda a semana tivemos na biblioteca unha exposición de radios antigas, entre elas a nosa antiga Radio Treboada.

O martes 8 de novembro viñeron ao colexio unha locutora de radio e un técnico do programa RADIO EMOCIÓNATE da emisora RadioSi.

Houbo entrevistas ao alcalde de A Guarda, a un historiador guardés e a presidenta da Asociación Redeiras.

Tamén fixeron unha entrevista por videoconferencia cun productor da serie que se está a grabar na nosa vila.

Foi toda unha experiencia para o alumnado de 5º de primaria.

 

SAMAÍN. HALLOWEEN 2022

DIXITALWEEK 2022

A DIXITALWEEK é un programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais dirixido ao alumnado de 6º de primaria.

Os nosos nenos e nenas estarán en réxime de internado, nunha quenda desde o domingo 23 ao sábado 29 de outubro, en Bergondo.

Distribuir contido


by Dr. Radut