Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Programa de Radio Treboada 10-xuño-2022

Penúltimo programa e... Radio Treboada vaise de... volta ciclista!
Que ocorre? Non entendes nada?
Click no "play" e comprenderás todo!

 

VISITA A RADIO NACIONAL DE ESPAÑA 5 POLO ALUMNADO DE 4º PRIMARIA

Un dos premios do Concurso de Potcads que gañou o grupo de 4º de primaria era visitar unha radio "de verdade" e hoxe os nenos e nenas fixeron realidade o seu soño de futur@s locutor@s.

En Radio Nacional de España 5, na súa delegación de Vigo, foron moi amables e pacientes cos nosos cativos.

Fomos xunto co grupo de 5º de primaria do colexio Sinde que tamén foron gañadores no mesmo concurso.

COÑECE O MONTE SANTA TREGA 2022

O alumnado de 3º e 4º primaria tivo unha visita guiada polo Monte Santa Trega; roteiros, Citania, poboado de Mergelina, Ermita de Santa Trega, MASAT... foi unha xornada moi divertida. Aquí podedes ver a nosa experiencia:

 

VEXO VEXO XACOBEO NO DÍA DO MEDIOAMBIENTE

O 5 de xuño festexamos o día do medioambiente:

  • Cunha visita a unha das tres praias de cristais de Galicia que atópase en Cabo Silleiro.
  • Unha andaina polo Camiño Portugués pola costa dentro do municipio de Baiona.

Pasamos unha moi boa xornada tod@s xunt@s.

Programa de Radio Treboada 3-xuño-2022

UNHA SOA TERRA!
Aquí estamos de novo, os treboeirxs, con novo programa de radio!
Desta vez, adicado ao Día Mundial do Medio Ambiente!
Se cabe, máis importante ca nunca, debemos conciernarnos! Coidar o planeta!

O noso fogar! A Terra! Adiante programa!!
PD.: Dalle ao "play".

 

VEXO VEXO XACOBEO. CONTACONTOS

Con motivo da celebración do Ano Santo Xacobeo participamos nun programa educativo multidisciplinar para achegar ao alumnado o significado e os valores do Camiño de Santiago e do Xacobeo e traballar, dende as primeiras etapas, estes conceptos que forman parte da súa contorna social e cultural.

Contribuír a que o alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria coñeza o patrimonio cultural, literario e lingüístico vinculado ao tramo do Camiño de Santiago no que se empraza o seu centro educativo.

COÑECE AS TUAS INSTITUCIÓNS 2022

Coñece as túas institucións é un programa da Consellería que ten como obxectivo  que o alumnado poida coñecer de primeira man o funcionamento do Parlamento e da Xunta de Galicia. Son visitas guiadas conxuntas ás sedes do poder lexislativo e do poder executivo galegos para o alumnado de 5º e 6º de educación primaria.

Ademáis aproveitamos para coñecer a Cidade da Cultura.

OBRADOIRO POLO CLUB CICLISTA O ROSAL

O Club ciclista O Rosal acompañounos ao longo dunha mañá para ensinar este deporte ao aire libre.

Encantóunos, foi un pracer a vosa visita!

LECTURAS AO SOL NO MES DE MAIO

Coa chegada do bo tempo, algunhas clases animáronse a leer ao sol...

Menú de Xuño 2022

Distribuir contido


by Dr. Radut