Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

SEMANA AFECTIVO SEXUAL 2022

17 de maio: Día Internacional contra a Homofobia, Transfobia e Bifobia polo que tivemos unha serie de actividades:

  • Todo o colexio traballou co libro "Vivan as uñas de cores" e quen quixo puido pintarse as uñas na hora do recreo.
  • Rematamos de pintar o muro do patio de primaria coas cores LGTB.
  • A artista Tamara Baz pintounos un banco pola diversidade no paseo entre ambolos dous edificios.

 

 

MAQUETAS CIRCUITOS ELÉCTRICOS: 6º de primaria

Dentro da materia de ciencias naturais, o alumnado de 6º de primaria tivo que crear unha maqueta cun circuito eléctrico empregando; pila, cables, bombilla e interruptor.Fixeron uns traballos moi bos.

Aquí podedes ver as súas creacións:

 

 

LETRAS GALEGAS 2022

As Letras Galegas 2022 están adicadas ao escritor Florencio Delgado Gurriarán.

O centro tipo unha semana de moitos actos homenaxe:

  • Nas aulas o alumnado traballou a súa obra para expoñer co CEIP Sinde na Praza As de Copas de A Guarda.
  • Photocall cos sua caricatura.
  • Chocolatada do ANPA Os Muiños coa colaboración de pais e nais do centro.
  • Xuntanza de todo o colexio na honra de Florencio Delgado.

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA SOLANAS: ANIMAIS FANTÁSTICOS!

Convocamos como cada ano o Concurso de Fotografía de Solanas.
Asociado co Proxecto de Biblioteca "O mundo máxico de harry Potter",  propuxemos crear un ANIMAL FANTÁSTICO (mascota, peluche, xoguete...), facer unha FOTO e enviala.
Moitas grazas a tod@s os participantes.

MURAL DAS EMOCIÓNS NA FACHADA DO EDIFICIO DE INFANTIL

 

Este ano participamos no Programa de Consellería de Educación CP INCLÚE na súa actuación EMOCIÓNA-T.

Fai uns días a artista local Tamara Baz pintóunos un mural na fachada de Educación Infantil: "O paraugas da amizade". A idea é transmitir o paraugas como lugar para solucionar conflictos. Unha metáfora de protección; cando estamos c@s amig@s sentímonos cómod@s, acompañad@s e segur@s.

 

 

PROXECTO FÓRA PLÁSTICOS

Proxecto iniciativa do CEE San Xeróme con otros centros do Baixo Miño: CEIP Pintor Antonio Fernández (Goian), CIP Manuel Suárez Marquier (O Rosal), CEIP Manuel Rodríguez Sinde (A Guarda), Colexio San José (A Guarda), CEIP A Sangriña (A Guarda) e Colexio PP Somascos (A Guarda).

O noso centro fixo unha recollida de microplásticos co alumnado de educación infantil na Praia de Fedorento e o profe Jorge creou unha obra coa recollida.

Aberto o prazo para a solicitude do fondo de libros

            
 

Solicitude do Fondo de Libros e Axuda de material

Está aberto o prazo para entregar a solicitude xunto con toda a documentación remata o 22 de xuño de 2022.

Facilitamos a seguinte documentación de interese:

 
     

Programa de Radio Treboada 13-maio-2022

Treboeiras e treboeiros... aquí está de novo... Radio Treboada!!
Un programa máis e xa chegamos ao programa número 14!! Adicado, como non podía ser doutra maneira nesta semana tan importante, ás Letras Galegas!
Moitas grazas a todxs xs participantes por facelo posible!
Click no "play" e... a desfrutar!!!

 

SAÍDA AO PARQUE DE FEDORENTO DO ALUMNADO DE INFANTIL

Os nenos e nenas de educación infantil fixeron unha saída ao parque de Fedorento aproveitando as boas temperaturas destes días. O pasaron xenial!

COIDADO DA HORTA POLO ALUMNADO DE 5º PRIMARIA

O alumnado de 5º primaria colaborou no mantemento da horta con limpeza de malas herbas e rega. Moi bo traballo!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut