Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Aberto o Proceso de Admisión do curso 2018-2019

       
 

 Aberto o prazo para o proceso de admisión do alumnado para o curso 2018/2019

Podedes consultar a documentación prememdo nos enlaces a seguir:

 
     
   Tamén se pode presentar documentación online na Sede electrónica da Xunta no seguinte enlace.
 
     

Experimento de Flotabilidade - 5º Primaria

       
  O alumnado de 5º de Ed. Primaria realizou, dentro das súas experiencias na aula de ciencias, o experimento de flotabilidade en augas salinas.  
     
 
 
     

Plantación de árbores 2018

     
 

O colexio aceptou, un ano mais, a invitación da Comunidade de Montes de Camposantos para colaborar na reforestación da zona do Chans que están a levar a cabo. Tódolos nen@s formaron parellas para prantar cadansua árbore.

Ao rematar convidaron a nen@s a froita e auga para a merenda.

Foi unha actividade moi emotiva e agradecemos de corazón a invitación.

 
     
 
 
     
 
 
     

Día da Lingua Materna

     
 

O día 21 de febreiro conmemorábase o Día da Lingua Materna e o Día 24 de febreiro é o Día de Rosalía. Dende o colexio realizamos unha celebración conxunta para que elaboramos este mural.

 

 
   
     

Premio no Concurso dos Bolechas para a aula de 5 anos.

       
 

A aula de 5 anos, coa mestra Gloria á cabeza, resultou gañadora no concurso do Entroido dos Bolechas.

Podedes acceder, premendo aquí, á proposta premiada.

 
     
   
     

Diploma de recoñecemento do traballo nos Patios Dinámicos.

        
     
   
   
     

Conmemoración do Día do Cancro Infantil (15-2-2018)

       
 

O 15 de febreiro celebrábase o Día do Cancro Infantil. Dende o colexio o conmemoramos cunhas pegatinas e un acto colaborativo coa asociación "Bicos de Papel". Por mor da chuvia este último acto tívose que aprazar ata o luns.

Aquí podedes ver o resultado!

 
     
 
 
     
 
 
     

Enterro do Meco-Espada 2018

     
 

O venres, 16 de febreiro, tivémolo enterro do Meco-Espada 2018. Como tódolos anos, vestímonos de gala, degustamos uns ricos doces de entroido e choramos un pouquiño polo fin de festas.

Agora toca agardar ata o ano que ven!

 
     
 
 
     
 
 
     
 
 
     

Desfile escolar do Entroido 2018

       
 

Este ano o desfile de entroido adiantouse un día por mor das chuvias, así que  saímos desfilar o xoves 8 de febreiro.

Aquí tedes unhas imaxes d@s guap@s que foron tod@!

 
     
 
 
     

Patrullas verdes 4º Primaria

       
 

Este venres, xusto antes da hora do recreo, continuaron as patrullas verdes a facer a súa tarefa de limpeza.

Esta vez tocoulles @s nen@s de 4º de Ed. Primaria

 
 
 
     
Distribuir contido


by Dr. Radut