Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Visita de Luis Sampedro

       
  O mércores, día 7, entre as actividades do entroido, tivemos a visita de Luis Sampedro científico do CSIC que nos falou da súa labor e a súa experiencia na Antártida. Foi unha actividade interesante cuns contidos impresionantes!  
 
 
     

Entroido 2018

        
 

ENTROIDO 2018: Creamos superheroes.

Pois sí, xa estamos no entroido en Solanas. Este ano a temática tamén vai relacionada co proxecto anual da biblioteca: Os comics

E como tódolos anos o noso Meco-espada ten unhas ordes para nós que debemos cumprir.

 

 
 

 
                                                                               
 

LUNS 5:

Capa para voar  

 

 
   
 
                                               
 

MARTES 6:

Calcetíns ou medias máxicas por fóra

 
 

 

 

 
 

MÉRCORES 7:

Antiface para visión radiactiva

 
   
 
     
 

VENRES 9:

Cos calzóns por fóra sí que mola!

 
     
 
 
     

Menú do comedor escolar - Febreiro 2018

       
 

Menú do comedor escolar do mes de Febreiro.

Poden descargalo en pdf premendo na imaxe

 
 

 
     

Presentación do libro Os Bolechas con Pepe Carreiro.

       
  O venres, 2 de febreiro, algúns cursos afortunados (tivemos que facer un sorteo porque todos querían asistir) poideron disfrutar da compaña de Pepe Carreiro que lles mostrou cómo debuxaba aos seus personaxes.  
     
 
 
     

Presentación do libro Os Bolechas con Pepe Carreiro.

          
 

Dende o Concello de A Guarda agasallaron ao noso alumnado co novo libro de Pepe Carreiro: "Os Bolechas na desembocadura do Miño".

Aquí vos deiamos unhas imaxes da entrega persoal por parte da Concelleira de Cultura e do Alcalde.

 
 
 
     

Día da Paz 2018

        
  Como tódolos anos, o día 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz. Este ano elaboramos unhs semáforos que nos permitirán solucionar os posibles conflictos que surxan.  
     
 
 
     

Patrullas verdes

      
  No colexio organizáronse unhas Patrullas verdes para ter ben limpo o patio.  
 
 
     

Decoración de Inverno

       
  Aquí vos deixamos a decoración da entrada de inverno deste ano, para os que non vos podedes achegar a vela!  
     
 
 
     

Lectura conxunta de 6º de Primaria e a aula de 4 anos.

        
 

@s nen@s de 6º de Primaria acudiron á clase de 4 anos para facer unha lectura conxunta c@s nen@s dalí.

A experiencia foi todo un éxito!

 
     
 
 
     

Poema para Guardesiña

            
 

@s nen@s de 3º de Ed. Primaria escribíronlle un poema a foquiña que quedou varada no porto de A Guarda e que agora estase a recuperar no Centro CEMMA.

 
   
     
 
 
     
Distribuir contido


by Dr. Radut