O mércores, 20 de setembro, adiantándose ao Día do Alzheimer, tivemos no colexio a psicóloga, a educadora e a directora da Residencia Monte Tecla. Estivéronnos contando a historia de Marta, unha muller enferma de Alzheimer, do conto "O ladrón de recordos".
O vindeiro xoves, día 21 de Setembro, teremos colexio a visita de Susa Herrera que nos virá presentar as cancións do seu libro Cantos Animais. Desta actividade disfrutará todo o alumnado do colexio.
Dende xa, damos as grazas a Susa polo seu ofrecemento.
Estamos encantad@s e emocionad@s de que veñas visitarnos!
@s alumn@s de 6º de primaria pecharon a súa estadía no noso colexio cunha acampada no "Camping Santa Tecla" onde disfrutaron da piscina, o campo de fútbol, o hinchable e a Sala de xogos.
Foi pouquiño tempo pero moi ben aproveitado!
Podedes premer na imaxe de abaixo para acceder a galería.